Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 19 de abril de 2016 Páx. 14331

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 4 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a resolución de declaración de compatibilidade dun dereito mineiro coa instalación eléctrica correspondente ao expediente IN407A 2014/68-4.

O 18.2.2016 a Dirección Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución pola que se declarou a compatibilidade, coa concesión de explotación mineira denominada Estrella nº 2489 e pertencente a Portevex, S.L., da instalación eléctrica denominada LMT CT Rozas e promovida por Unión Fenosa Distribución, S.A. no termo municipal de Campo Lameiro (expediente IN407A 2014/68-4).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Portevex, S.L. a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia, nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra a referida resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia ou polo transcurso do prazo establecido no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas