Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14709

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1514/2015).

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1514/2015 desta sección, seguido por instancia de Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Pizarras Sobradelo, S.A., Pizarras Robema, S.L., Mutua Universal Mugenat, Mutual Midat Cyclops, Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras Dal, S.A., Barreda López e Hijos, S.L., Pizarras San Cosme, S.L., Manuel Fernández Ares sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolución:

Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación do INSS contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, do 5 de decembro de 2014, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de dezaseis díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os dezaseis díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80
ou 37 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E, para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Robema, S.L., Pizarras Las Cuartas, S.L., Juan Carlos Prieto Martínez, Pizarras Dal, S.A., Manuel Fernández Ares, Pizarras Sobradelo, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza