Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14704

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, de postos vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos.

Vacantes na Universidade de Santiago de Compostela os postos de traballo que se indican no anexo I desta resolución e sendo necesaria a súa provisión,

O xerente, no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen por Resolución reitoral do 22 de setembro de 2015 e, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, resolve convocar a provisión dos ditos postos mediante o procedemento de libre designación, con suxeición ás seguintes:

Bases da convocatoria

Primeira. Poderán participar as persoas funcionarias de carreira que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Segunda. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da USC, situado na Reitoría da Universidade (Colexio de San Xerome, praza do Obradoiro, s/n, 15782 Santiago de Compostela); no Rexistro do Campus de Lugo, situado no Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros (avenida de Bernardino Pardo Ouro, s/n. Polígono de Fingoi, 27002 Lugo), ou nas restantes formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que figura como anexo II.

Terceira. As persoas aspirantes deberán xuntarlle á solicitude, un curriculum vitae e xustificar documentalmente os méritos que aleguen.

Cuarta. No caso de resultar seleccionado, persoal funcionario con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento ao que figure adscrito.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Denominación do posto: secretaría particular do reitor.

Número praza: PF000148.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 22.

Complemento específico: 9.806,16 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número praza: PF000273.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número praza: PF000862.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría da Reitoría.

Número praza: PF000272.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: tarde.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Vicerreitoría de Comunicación e Coordinación.

Número praza: PF000894.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Denominación do posto: secretaría de dirección da Xerencia.

Número praza: PF000896.

Subgrupo: C1/C2.

Nivel: 20.

Complemento específico: 7.105,14 €.

Quenda: tarde.

Localidade: Santiago de Compostela.

missing image file