Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Xoves, 21 de abril de 2016 Páx. 14766

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 1 de abril de 2016 polo que se fai público o requirimento para o cumprimento da obriga de reposición imposta no expediente sancionador DH.D15.30471.

O 3 de marzo de 2016 requiríuselle a Manuel Santamariña Sanjurjo o cumprimento da obriga de reposición establecida na resolución ditada no expediente sancionador DH.D15.30471 en materia de dominio público hidráulico.

Intentada a notificación por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícaselle o dito requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas e recoller a notificación do dito requirimento, tempo durante o cal deberá proceder ao cumprimento da obriga de reposición establecida na resolución do expediente DH.D15.30471.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia