Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15095

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de abril 2016, da Xerencia da Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Convocada por Resolución do 10 de decembro de 2015 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2016), a provisión de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, polo sistema de libre designación, a Xerencia de Xestión Integrada, á vista das solicitudes e dos méritos acreditados polos aspirantes, e de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de área funcional do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña, convocados por Resolución do 10 de decembro de 2015 (DOG núm. 4, do 8 de xaneiro de 2016).

Segundo. Nomear, para os postos indicados, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as aspirantes nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terán a consideración de servizo activo, e os correspondentes haberes percibiranse de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente, quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 6 de abril de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO I

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional do Hospital Teresa Herrera.

Deserta.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de Recursos Materiais do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Nome e apelidos: Martín Cribeiro González.

DNI: *****601N.

Denominación do posto: supervisor/a de área funcional de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña.

Nome e apelidos: Rocío Torreiro Barros.

DNI: *****453G.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.