Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2016 Páx. 15031

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o período 2016-2018 (procedemento administrativo PR603A).

As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) constitúen un dos principais elementos facilitadores das novas economías baseadas no coñecemento e favorecedoras da sustentabilidade. Por isto, ocupan un espazo relevante no contexto da Estratexia Europa 2020. Esta estratexia subliña a importancia dos despregamentos de banda larga establecendo ambiciosos obxectivos para o seu desenvolvemento a través dunha das súas iniciativas máis emblemáticas, a Axenda Dixital para Europa.

A Axenda Dixital para Europa reafirma o obxectivo da estratexia Europa 2020 de poñer a banda larga ultrarrápida á disposición de toda a cidadanía, de xeito que en 2020 se xeralice o acceso á internet a velocidades de, polo menos, 30 Mbps e a metade dos cidadáns teñan contratados servizos de, polo menos, 100 Mbps.

A nivel estatal, o Goberno de España aprobou no ano 2013 a Axenda Dixital para España, como marco de referencia para establecer unha folla de ruta en materia TIC e de Administración electrónica, articulando a estratexia nacional para acadar os obxectivos da Axenda Dixital para Europa.

En consonancia, a nivel autonómico, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 30 de abril de 2015 a Axenda Dixital de Galicia 2020, que toma como punto de partida os esforzos realizados nos catro últimos anos a través da Axenda Dixital de Galicia 2014.gal. A aprobación da Axenda Dixital de Galicia 2020 veu precedida da aprobación da Estratexia galega de crecemento dixital e demostrou que as novas tecnoloxías constitúen unha prioridade estratéxica vital para a competitividade de Galicia.

Así, coa visión posta en dar cumprimento ao obxectivo que establece a Axenda Dixital de Galicia 2020 para impulsar un modelo de crecemento vinculado á economía dixital, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o 1 de outubro de 2015 o Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), que establece unha folla de ruta para garantir a consecución dos obxectivos en materia de redes ultrarrápidas que establece a Comisión Europea, co impulso de accións orientadas a promover a extensión, modernización e innovación das redes de telecomunicación da Comunidade:

– Incentivando o despregamento de redes de 100Mbps en zonas con alta demanda e sen cobertura nin previsión para os próximos anos.

– Incentivando o despregamento de redes de 30Mbps nas zonas sen cobertura de banda larga ultrarrápida e sen previsión para os próximos anos.

– Executando medidas que faciliten a universalización de banda larga de 30Mbps especialmente nas zonas máis illadas.

As redes de telecomunicacións ultrarrápidas como infraestruturas de soporte para a prestación de servizos dixitais avanzados son un elemento clave para promover a evolución da actividade industrial e así se reflicte na Axenda de Competitividade de Galicia e na Axenda Dixital de Galicia 2020.

Deste xeito, promover o despregamento de redes de telecomunicacións ultrarrápidas en polígonos industriais permitirá avanzar no desenvolvemento en Galicia da industria 4.0, formada por fábricas intelixentes, automatizadas, flexibles, interconectadas, sustentables e sociais, que contan con espazos compartidos entre persoas e máquinas e fornecen máis responsabilidades ás persoas, máis cualificadas e ben formadas, capaces de xestionar eficientemente os novos ámbitos produtivos.

De feito, a tendencia das tecnoloxías de nova xeración que están revolucionando os procesos industriais tradicionais (a computación na nube, a impresión 3D, as máquinas intelixentes, Internet das Cousas, Big Data, etc.) exixe non só un servizo sen fisuras en toda a comunidade, senón tamén un maior largo de banda.

Nas directrices da Unión Europea para a aplicación das normas sobre axudas estatais ao despregamento rápido de redes de banda larga (2013/C 25/01), a Comisión Europea considera que a axuda estatal para o despregamento de redes de nova xeración pode constituír un instrumento adecuado e xustificado sempre que se cumpran as condicións para limitar o falseamento da competencia e se establezan os adecuados requisitos ás redes subvencionadas.

Este marco estratéxico xustifica a necesidade de iniciativas, desde as administracións públicas, para o despregamento de redes de banda larga ultrarrápidas naquelas rexións onde existen deficiencias de mercado que impiden que haxa incentivos suficientes ao despregamento autónomo dos operadores de comunicacións electrónicas. Así, o Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro, prevé actuacións encamiñadas á extensión de redes de banda larga de nova xeración na submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular á súa creación, mellora e ampliación, as infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica. Estas medidas están financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), xunto con fondos da Comunidade Autónoma de Galicia e da Administración xeral do Estado.

Deste xeito, a presente resolución establece as bases que rexerán a concesión de subvencións que axuden a emendar as ditas carencias de mercado.

Este réxime de axudas acóllese á excepción de notificación prevista no Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, en concreto do seu artigo 52 de axudas para infraestruturas de banda larga.

Así mesmo, para este réxime de axudas obtivéronse os informes preceptivos da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia e da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información, de conformidade co disposto no Real decreto 462/2015, do 5 de xuño, polo que se regulan instrumentos e procedementos de coordinación entre diferentes administracións públicas en materia de axudas públicas dirixidas a favorecer o impulso da sociedade da información mediante o fomento da oferta e dispoñibilidade de redes de banda larga.

Con base no anterior, logo de autorización para esta convocatoria do Consello da Xunta de Galicia, adoptada o 7 de abril de 2016, e en uso das competencias atribuídas no Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia,

RESOLVO:

Artigo 1. Bases reguladoras e convocatoria

1. Constitúe o obxecto da presente resolución a aprobación das bases reguladoras, que se inclúen como anexo I, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade. As subvencións convocadas ao abeiro das presentes bases están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e ao 17,50 % pola Xunta de Galicia, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020 (PDR), aprobado pola Decisión de execución da Comisión C (2015) 8144, do 18 de novembro.

2. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse as citadas subvencións para o período 2016-2018 en polígonos industriais (procedemento administrativo PR603A).

Artigo 2. Solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados que figuran no anexo III, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

3. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

4. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de rexeitamento da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Procedemento de concesión

1. Unha vez terminado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento de concorrencia competitiva establecido nas bases reguladoras. No ámbito desta convocatoria seleccionarase un único beneficiario.

2. O prazo máximo para ditar resolución expresa e notificala aos interesados será de cinco (5) meses contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3. Transcorrido o prazo sen ditar resolución expresa, os interesados poderán entender como rexeitada a súa solicitude por silencio administrativo, de conformidade co establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 4. Ámbito xeográfico

1. Os despregamentos de rede obxecto da presente convocatoria estarán encamiñados á cobertura de polígonos industriais obxectivo e os solicitantes deberán indicar a súa proposta de porcentaxe de empresas que se van cubrir para cada un dos polígonos industriais incluídos no anexo II.

2. Nestas listaxes, os polígonos industriais clasifícanse en varios niveis ordenados de prioridade (P1, P2 e P3). Os P1 son os de maior prioridade.

3. A cobertura de polígonos industriais fóra da listaxe proporcionada, non será obxecto de valoración.

4. Para efectos da cobertura, lémbrase que será condición indispensable o cumprimento dos requisitos mínimos de servizo fixados nas bases reguladoras.

Artigo 5. Requisitos mínimos de cobertura

1. Considerarase un polígono industrial con cobertura cando a rede obxecto da subvención teña presenza no polígono industrial.

2. Os despregamentos de rede propostos deberán cumprir todos os seguintes requisitos mínimos de cobertura:

a) Dotar de cobertura polo menos o noventa por cento (90 %) dos polígonos industriais da listaxe de obxectivos clasificados como prioridade 1 (P1).

b) Dotar de cobertura polo menos un total de cincuenta (50) polígonos industriais da listaxe de obxectivos.

3. Non se establece un número mínimo de polígonos industriais nas restantes listaxes de obxectivos clasificados como prioridade 2 e prioridade 3.

Artigo 6. Ámbito temporal

1. O despregamento da rede poderá prolongarse no tempo ata o prazo máximo para a posta en servizo, que é o 31 de outubro de 2018.

2. Para estes efectos, o Plan de despregamento deberá presentarse de conformidade co disposto nas bases reguladoras e incluirá as etapas temporais indicadas no presente artigo, cos seus respectivos mínimos de entidades obxectivo cubertas ao final de cada etapa tomando como referencia a cobertura mínima obrigatoria:

Etapa

Data de inicio

Data de finalización

Mínimo de polígonos industriais con cobertura

1

Inicio do despregamento

31.12.2016

13

2

1.1.2017

31.12.2017

35

3

1.1.2018

31.10.2018

50

De non cumprírense os mínimos de cobertura estipulados por etapa, poderían aplicarse as previsións do artigo 32 das bases reguladoras.

Artigo 7. Crédito

Para o financiamento desta convocatoria está prevista unha dotación orzamentaria máxima de 3.424.610,80 €, que se financiarán con cargo á aplicación orzamentaria 04.A1.571A.770.0, coa seguinte distribución:

Aplicación

Código de proxecto

2016

2017

2018

04.A1.571A.770.0

2016 00001

500.000 €

1.500.000 €

1.424.610,80 €

Este crédito está cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), nun 7,5 % polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e nun 17,50 % pola Xunta de Galicia, no marco da submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular, á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Artigo 8. Intensidade máxima da subvención

A intensidade máxima destas subvencións será do sesenta e cinco (65 %) do custo elixible do proxecto.

Artigo 9. Realización do proxecto subvencionado e xustificación da súa realización

1. A execución dos investimentos subvencionables levarase a cabo entre o día seguinte á data de presentación da solicitude e o 31 de outubro de 2018.

2. A documentación xustificativa do cumprimento da finalidade da subvención deberá presentarse ata o 31 de outubro de 2018.

3. Para realizar pagamentos parciais da subvención, o beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa da execución dos investimentos subvencionables relativos á anualidade en curso ata o 31 de outubro de cada ano.

4. De conformidade co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o beneficiario queda exonerado da constitución de garantía, por autorización do Consello da Xunta adoptada o 7 de abril de 2016.

5. En todo caso, a execución de investimentos por un solicitante con carácter previo á resolución de concesión da subvención non xerará dereitos no caso de que o solicitante non resulte beneficiario.

Artigo 10. Información aos interesados

Sobre este procedemento administrativo, que ten o código PR603A, poderá obterse documentación normalizada ou información adicional na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través das seguintes canles:

1. A páxina web: http://amtega.xunta.gal/transparencia/transparencia.html.

2. O teléfono: 981 54 55 35.

3. O enderezo electrónico: sociedade-dixital.amtega@xunta.es.

4. Presencialmente.

5. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este ou outros procedementos, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia (012 ou 902 12 00 12, se chama desde fóra de Galicia).

Disposición adicional primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a Área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia para que dite as instrucións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.

Disposición adicional segunda. Transmisión á Comisión Europea

De conformidade co disposto no artigo 11 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, deberase transmitir á Comisión Europea a información resumida relativa a esta medida de axuda, no formato establecido no anexo II do citado regulamento, xunto cunha ligazón que permita acceder ao texto completo, incluídas as súas modificacións, no prazo de vinte (20) días laborables a partir da súa entrada en vigor.

Disposición adicional terceira. Base de datos nacional de subvencións

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, deberase transmitir á Base de datos nacional de subvencións a información e o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

ANEXO I
Bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade en polígonos industriais para o desenvolvemento da industria 4.0 en Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020

CAPÍTULO I
Obxecto e ámbito

Artigo 1. Obxecto

O obxecto das presentes bases é regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a extensión de redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade. As subvencións tramitadas ao abeiro das presentes bases están cofinanciadas ao 75 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.

Artigo 2. Ámbito material

O ámbito material enmárcase na folla de ruta do Plan de banda larga de Galicia 2020 (PDBL2020), aprobado polo Acordo do 1 de outubro de 2015, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia, dentro do compromiso da Xunta de Galicia de dotar de redes de nova xeración todos os polígonos industriais de Galicia no prazo de tres anos.

Artigo 3. Ámbito temporal

Sen prexuízo do compromiso relativo ao despregamento recollido no artigo anterior, o ámbito temporal de vixencia das presentes bases será desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de decembro de 2023.

Artigo 4. Ámbito xeográfico

1. As convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases axustarán o seu alcance xeográfico a un conxunto concreto de polígonos industriais do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, o que constitúe as entidades obxectivo das presentes bases.

2. Enténdese por polígono industrial o solo empresarial delimitado no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Acordo do 30 de abril de 2014, adoptado polo Consello da Xunta de Galicia.

3. En consonancia co ámbito fixado no PDBL2020 e coas directrices europeas, as actividades obxecto de subvención poderán realizarse unicamente para dotar de cobertura zonas sen cobertura actual deste tipo de redes nin previsión para os próximos anos.

4. En todo caso, no alcance xeográfico das actuacións subvencionables observarase o disposto no capítulo 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, no cal se definen as zonas rurais.

Artigo 5. Tipos de proxectos obxecto de subvención

1. Os proxectos susceptibles de obter subvencións vinculadas ás convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases deberán despregar redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade (100 Mbps ou superior). As zonas subvencionables para o desenvolvemento de proxectos susceptibles de acollerse a esta liña especificaranse no alcance de cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases. En todo caso, as zonas subvencionables corresponderanse coa totalidade ou partes claramente delimitadas de polígonos industriais que non dispoñan de cobertura de redes de nova xeración de moi alta velocidade nin de plans para o seu despregamento por parte de ningún operador. O obxectivo é o despregamento de redes de acceso e poden incluírse tramos da rede de transporte necesarios para dotar de conectividade á rede de acceso.

2. No contexto das presentes bases, así como das convocatorias ditadas ao abeiro delas, entenderanse por redes de banda larga de nova xeración de moi alta velocidade a aquelas que cumpran todos e cada un dos seguintes requisitos:

a) Utilizárense, na súa totalidade ou principalmente, para a prestación de servizos de comunicacións electrónicas dispoñibles para o público nas entidades obxectivo. Quedan por tanto descartadas as redes privadas destinadas á prestación de servizos a un conxunto restrinxido de usuarios e as redes puramente troncais que non están destinadas directamente á prestación de servizos a usuarios finais nas entidades obxectivo.

b) Permitiren unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido da rede cara ao usuario de, polo menos, 100 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (canle descendente), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).

c) Permitiren unha taxa de transferencia nominal por usuario final no sentido do usuario cara á rede de, polo menos, 20 Mbps medidos na saída do equipamento da rede do operador máis próximo ao usuario final (canle ascendente), cunha garantía de caudal do 80 % (o 95 % do tempo).

d) Permitiren, mantendo todas as características do servizo inalteradas, a transferencia ilimitada de datos en ambos os dous sentidos (da rede ao usuario e do usuario á rede).

e) Aseguraren unha dispoñibilidade do servizo, nos termos de calidade de servizo mencionados de, polo menos, o 98 % medida en intervalos de meses naturais por usuario final.

f) Aseguraren que os parámetros de calidade de servizo (QoS) de transmisión de datos proporcionado (jitter, retardo e taxa de perda de paquetes) son compatibles coa realización de comunicacións de voz e vídeo en tempo real. Como referencia a este respecto requirirase o cumprimento dos seguintes valores de calidade de servizo:

1º. Jitter máximo de 30 ms.

2º. Retardo inferior a 50 ms.

3º. Taxa de perda de paquetes máxima do 0,8 %.

g) Atenderen as solicitudes de alta dos usuarios en, como moito, trinta (30) días naturais. No caso de que para a realización da subministración sexa preciso obter licenzas, dereitos de ocupación ou de paso específicos, ou por calquera outra causa non imputable ao operador, este poderá descontar os atrasos debidos ás ditas causas, logo de comunicación remitida ao solicitante.

h) Resolveren polo menos o 95 % das incidencias que supoñan un corte de servizo en vinte e catro (24) horas ou menos.

3. As subvencións non estarán condicionadas ao despregamento dunha solución tecnolóxica concreta e serán os solicitantes os que deberán expresar e motivar a solución tecnolóxica máis adecuada no marco de cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases.

CAPÍTULO II
Requisitos e obrigas

Artigo 6. Requisitos dos solicitantes

1. Poderán solicitar e, de ser o caso, obter a condición de beneficiarias as persoas que ostenten a condición de operadoras, conforme o establecido nos artigos 6 e 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións.

2. Así mesmo, poderán obter a condición de beneficiarias, as unións temporais de empresas (UTE) en que polo menos unha das integrantes posúa a condición de operadora segundo se establece no número anterior.

De conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o beneficiario sexa unha persoa xurídica, os membros asociados do beneficiario que se comprometan a efectuar a totalidade ou parte das actividades que fundamenten a concesión da subvención en nome e por conta do primeiro, terán igualmente a consideración de beneficiarios.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias:

a) As persoas en que concorra algunha das circunstancias que prohiben a obtención da condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incurso en ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, con independencia das comprobacións que de forma preceptiva deba efectuar o órgano instrutor.

b) As empresas en crise, de acordo coa definición e coas condicións establecidas nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C249/01) e o disposto no Regulamento de exención por categorías.

c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ao beneficiario ilegal e incompatible co Mercado Común.

Artigo 7. Obrigas dos beneficiarios

1. Os beneficiarios deberán cumprir as obrigas recollidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como as contidas nestas bases, as que se determinen en cada convocatoria, as que figuren na resolución de concesión das subvencións e nas instrucións específicas que, en aplicación e cumprimento das presentes bases e de cada convocatoria, sexan aprobadas en materia de execución, seguimento, pagamento das subvencións, información e publicidade, xustificación e control do gasto.

2. Os beneficiarios deberán comunicarlle ao órgano concedente no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da subvención concedida, a obtención de calquera outra subvención, axuda, ingresos ou recursos que financien a mesma actuación subvencionada, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

3. Os beneficiarios deberán manter un sistema de contabilidade separada, ou un código contable diferenciado, que recolla adecuadamente todas as transaccións relacionadas co proxecto tal como se establece no artigo 66.1.c) e i) do Regulamento (UE) 1305/2013. Así mesmo, deberán dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos nos termos exixidos pola lexislación aplicable ao beneficiario, así como das facturas e demais xustificantes de gasto de valor probatorio equivalente e os correspondentes xustificantes de pagamento. Este conxunto de documentos constitúe o soporte xustificativo da subvención concedida e garante o seu adecuado reflexo na contabilidade dos beneficiarios.

4. Os beneficiarios deberán manter asociadas as infraestruturas e equipamentos que sexan obxecto de subvención aos obxectivos do proxecto durante un período mínimo de cinco (5) anos a partir da súa finalización ou ata o final da súa vida útil, se esta for menor de cinco (5) anos. No caso de incumprimento, o beneficiario deberá reintegrar o importe obtido e os xuros correspondentes, nos termos previstos no artigo 7 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control, as medidas de desenvolvemento rural e da condicionalidade.

5. Os beneficiarios teñen a obriga de someterse aos controis administrativos, controis sobre o terreo e controis a posteriori previstos na normativa comunitaria, en aplicación do establecido no Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, no que se refire ao sistema integrado de xestión e control.

6. Os beneficiarios comprométense a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegar a realización deste tipo de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 71 do Regulamento (UE) 1305/2013.

7. Con carácter específico, os beneficiarios deberán cumprir as seguintes obrigas de explotación da rede, comercialización e seguimento dos servizos:

a) Dispoñeren dun portelo único de atención ao cliente e proporcionárenlles aos clientes un teléfono gratuíto de atención en horario laboral, no cal se deberá facer referencia á natureza do proxecto cunha mensaxe consensuada coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no ámbito da súa actuación.

b) Operaren a rede durante un período mínimo de dez (10) anos, contado desde a data en que as tarefas acometidas sexan aprobadas integramente conformes pola Xunta de Galicia. Son os responsables da correcta explotación e do mantemento de toda a infraestrutura e equipamento instalado. Conforme se vaia despregando e activando a rede e, como mínimo, ata a finalización do período de explotación, os clientes das áreas con cobertura poderán solicitar os servizos ofertados.

c) Facilitaren a adquisición dos seus produtos en puntos de venda físicos con presenza nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Ofreceren a posibilidade de atender o usuario, tanto de forma oral como escrita, en idioma galego ou castelán.

e) Seren responsables da comercialización do servizo nas entidades incluídas no plan de despregamento presentado. Igualmente, o beneficiario será responsable da realización de campañas de comercialización e difusión dos servizos prestados, supervisada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

f) Facilitaren aos demais operadores un acceso completo e non discriminatorio á información sobre a rede subvencionada e os servizos por xunto ofertados sobre esta rede.

g) Expresaren nas súas referencias ao proxecto, calquera que sexa a súa natureza e tipoloxía, que foi impulsado pola Xunta de Galicia e cofinanciado con fondos Feader.

h) Cumpriren coas obrigas de seguimento do proxecto, segundo se establece no artigo 31 das presentes bases.

8. Nos casos en que os beneficiarios se atopen dentro do ámbito subxectivo de aplicación establecido no artigo 3 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, deberán dar cumprimento ás disposicións relativas á publicidade activa que figuran no capítulo II do título I da Lei 19/2013, do 9 de decembro. En particular, tal e como se menciona no punto 2 do artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, publicarán a información prevista na alínea c) do punto 1 do artigo 8 da dita lei, seguindo os principios xerais establecidos no seu artigo 5.

Adicionalmente ás obrigas relativas á publicidade activa que marca a normativa de carácter básico, os beneficiarios están suxeitos ás obrigas de subministración de información conforme o disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias de non atenderen esta obriga ditaranse conforme o disposto na dita lei.

9. O incumprimento de calquera das obrigas sinaladas nos puntos anteriores poderá ser causa da perda de dereito ao cobramento ou do reintegro da subvención concedida segundo a fase do procedemento en que se atope a tramitación do expediente.

Artigo 8. Servizos por xunto

1. Os beneficiarios das subvencións someteranse ao ditame da Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) respecto da prestación a outros operadores de servizos por xunto destinados ao aseguramento dunha competencia efectiva nos ámbitos de actuación dos proxectos subvencionados polas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases.

2. Salvo que a CNMC ditamine outras condicións, os beneficiarios das subvencións estarán obrigados a ofreceren aos demais operadores que o soliciten, en condicións equitativas e non discriminatorias, acceso por xunto efectivo, do tipo de fluxo binario (bitstream), ás infraestruturas subvencionadas durante un período mínimo de sete (7) anos. No caso de que o proxecto prevexa despregamentos de fibra óptica, o dito acceso incluirá tamén a posibilidade de acceder á fibra escura, cunha desagregación total e efectiva, así como aos condutos, postes, armarios, arquetas e demais elementos de obra civil. O acceso a estes últimos non debe ser limitado no tempo. No caso de redes backhaul, deberase tamén incluír o servizo por xunto de liñas alugadas ou circuítos punto a punto, en función da tecnoloxía empregada para a implementación da dita rede.

A velocidade de acceso ofrecida será, como mínimo, a establecida no artigo 5 das presentes bases e, en todo caso, deberá permitir a replicabilidade dos servizos de acceso ofrecidos polo operador beneficiario.

Os prezos deste acceso por xunto efectivo deberán ter como referencia os prezos por xunto fixados pola CNMC ao operador con poder significativo no mercado (PSM) para servizos similares, os cales se considerarán prezos máximos. En caso de non existir unha oferta de referencia equivalente, a referencia será a dos prezos medios existentes en España, e en caso de non existir tampouco esta referencia, aplicarase o criterio de orientación a custos. En calquera caso, cando se trate dun operador integrado verticalmente, os prezos definidos deberán permitir replicar as ofertas retallistas sen discriminar a rama retallista do operador beneficiario.

3. A CNMC resolverá os conflitos entre operadores solicitantes de acceso e operadores beneficiarios das subvencións e ditará instrucións para o efectivo cumprimento das obrigas de acceso por xunto ás cales se refire este artigo.

4. O detalle da oferta de servizos por xunto, así como a realización das actuacións necesarias na infraestrutura, poderá non concretarse mentres non se constate a existencia dunha demanda razoable dun terceiro operador. A demanda considerarase razoable se o demandante de acceso establece un plan de negocio coherente que xustifique o desenvolvemento do produto na rede subvencionada e se na mesma zona xeográfica ningún outro operador ofrece un produto de acceso comparable e a prezos equivalentes aos das zonas máis densamente poboadas.

CAPÍTULO III
Actividade subvencionable

Artigo 9. Financiamento e intensidade máxima da subvención

1. As subvencións que se concedan financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias que se determinen nas correspondentes convocatorias.

2. Enténdese por intensidade de subvención o seu importe expresado en porcentaxe dos custos elixibles do proxecto. Todas as cifras empregadas entenderanse antes de deducións fiscais ou doutro tipo.

3. A intensidade máxima das subvencións fixarase, para cada caso, nas convocatorias ditadas ao abeiro das presentes bases.

4. Para evitar unha sobrecompensación posterior, as resolucións de outorgamento das subvencións poderán incluír unha cláusula de revisión do importe da subvención en que se recolla a devolución da parte causante da dita sobrecompensación, en función do tipo de proxecto e das incertezas de previsión da demanda.

5. As subvencións que se concedan non poderán acumularse con outras axudas ou subvencións recibidas de réxime local, rexional, nacional ou da Unión Europea para cubrir os mesmos custos subvencionables nos polígonos industriais que constitúen as entidades obxectivo das presentes bases.

Artigo 10. Investimentos e gastos subvencionables

1. As subvencións destinaranse a cofinanciar investimentos e gastos que estean directamente relacionados e sexan necesarios para a realización dos despregamentos subvencionados, de acordo co estipulado nas presentes bases e na convocatoria, e que se materialicen no período fixado en cada convocatoria.

2. Segundo a súa tipoloxía, considéranse investimentos e gastos potencialmente subvencionables, na medida en que reúnan todos os requisitos preceptivos, os seguintes conceptos asociados ao despregamento:

a) Subministración e instalación de infraestruturas e obra civil.

b) Subministración e instalación de equipamento, software e outros elementos asociados.

c) Planificación, enxeñaría e dirección facultativa de obra, incluíndo os custos directos imputables por gastos de persoal propio asignado ao proxecto. Os conceptos recollidos nesta alínea c) poderán considerarse ata un máximo do 12 % da cantidade subvencionable e, máis concretamente, os custos por gastos de persoal propio, ata un máximo do 7 % da cantidade subvencionable.

3. Independentemente da súa natureza, só se poderán considerar subvencionables os conceptos vinculadas a elementos ou redes que cumpran os requisitos de servizos por xunto recollidos nas presentes bases e nas convocatorias ditadas ao seu abeiro, así como os fixados polas autoridades nacionais de regulamentación.

4. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado. O beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, da prestación do servizo ou da entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os realicen, presten ou fornezan, ou que xa se levou a cabo con anterioridade un proceso de selección de provedores que garanta a elección das mellores propostas técnico-económicas.

5. A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na fase de xustificación dos investimentos, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e deberá xustificarse expresamente a elección na memoria económica da conta xustificativa, referida no artigo 29 das presentes bases, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

6. En ningún caso se considerarán gastos subvencionables o imposto sobre o valor engadido (IVE) ou outros impostos indirectos, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda. Tampouco se considerará subvencionable o gasto en material funxible.

7. Os importes da subvención asociados a cada un dos conceptos subvencionables que figuren na resolución de concesión representan os límites máximos de subvención, sen prexuízo do disposto no artigo 25 das presentes bases.

Artigo 11. Subcontratación

1. Cando na realización dun proxecto se subcontrate parte da súa execución, o custo da subcontratación non poderá exceder o cincuenta por cento (50 %) do custo total do proxecto.

2. A teor do disposto no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, enténdese que un beneficiario subcontrata cando acorda con terceiros a execución total ou parcial da actividade que constitúe o obxecto da subvención. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización en por si da actividade subvencionada.

3. Non poderá realizarse a subcontratación con persoas ou empresas que non poidan obter a condición de beneficiarias, segundo o indicado no punto 3 do artigo 6 destas bases, ou nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. Cando a actividade concertada con terceiros exceda o vinte por cento (20 %) do importe da subvención e o dito importe sexa superior a sesenta mil euros (60.000 €), a subcontratación estará sometida ao cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Que o contrato se subscriba por escrito.

b) Que a súa subscrición a autorice previamente o ente concedente da subvención.

Non poderá fraccionarse un contrato co obxecto de diminuír a súa contía e eludir o cumprimento dos requisitos exixidos no parágrafo anterior.

CAPÍTULO IV
Comunicacións, representación e presentación de solicitudes

Artigo 12. Tramitación electrónica

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados que, en cada convocatoria ditada ao abeiro das presentes bases, estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es), de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, empregando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A documentación complementaria poderá presentarse electronicamente empregando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante ou representante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto nos artigos 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

3. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

4. Na sede electrónica atópanse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a través de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 13. Representación

1. As persoas físicas que realicen a sinatura ou a presentación electrónica de documentos en representación dos solicitantes ou beneficiarios das subvencións deberán ter a representación necesaria para cada actuación, nos termos establecidos no artigo 32 da referida Lei 30/1992, do 26 de novembro.

2. O asinante da solicitude de subvención deberá acreditar que no momento da presentación da solicitude ten representación suficiente para o acto. O incumprimento desta obriga, de non emendarse, dará lugar a que se dea o interesado por desistido da súa solicitude.

3. Para o resto dos trámites, incluídas as declaracións responsables, cando o representante sexa distinto da persoa que asinou a solicitude da subvención, deberase achegar igualmente a acreditación do poder con que actúa o novo asinante, que deberá ser suficiente para exercer a dita representación.

4. O órgano instrutor poderá requirir en calquera momento ás persoas asinantes a acreditación da representación que posúan. A falta de representación suficiente do solicitante ou beneficiario en cuxo nome se presentou a documentación, determinará que o documento en cuestión se dea por non presentado, cos efectos que diso deriven para a continuación do procedemento.

5. Cando o asinante sexa o titular do órgano de representación da empresa recoñecido nos seus estatutos, poderase acreditar a representación achegando unha copia electrónica deses estatutos e unha declaración responsable asinada electronicamente polo secretario da empresa na cal este identifique o titular do órgano de representación. Cando o nomeamento sexa público, poderá achegarse unha copia electrónica da publicación do nomeamento no diario oficial en lugar da declaración responsable citada.

6. No caso de que o solicitante sexa un empresario individual, a acreditación do poder de representación poderase realizar mediante a achega da declaración censual de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores (modelo 036).

Artigo 14. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes é dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ata ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 15. Presentación de solicitudes

1. As solicitudes serán presentadas directamente polos interesados ou pola persoa que acredite a súa representación, segundo o indicado no artigo 13.

2. Tal e como se establece no artigo 12 das presentes bases, as solicitudes de subvención serán presentadas preferiblemente por vía electrónica.

3. O formulario de solicitude, o modelo de declaracións responsables e demais documentos necesarios para cubrir e presentar as solicitudes de subvención aprobaranse en cada convocatoria e estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

4. Se a solicitude non reunir os requisitos establecidos, requirirase o interesado para que a emende no prazo máximo de dez (10) días, indicándolle que, se non o fixese, se dará por desistido da súa solicitude, de acordo co establecido no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Este requirimento de emenda tamén se fará da documentación identificada polo solicitante como información accesible, se tras as xestións efectuadas se obtiver un resultado negativo da dita información ou non for válida, ou tiver erros ou for inexistente nos termos identificados inicialmente polo solicitante. Nestes casos, o solicitante deberá responder o requirimento presentando a dita documentación.

Artigo 16. Documentación complementaria

1. Xunto coa solicitude deberá presentarse, nas formas determinadas no artigo 12, a seguinte documentación complementaria enumerada neste artigo:

a) Número de identificación fiscal (NIF) do solicitante. Só será preciso presentar este documento no caso de que o solicitante lle denegue expresamente ao órgano competente a súa consulta, por aplicación do artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) DNI do representante que asine a solicitude, sen prexuízo do dereito a non presentar este documento segundo o Decreto 255/2008 (DOG núm. 221, do 13 de novembro), no caso de que o interesado autorice expresamente o órgano competente para a súa consulta a través do sistema de verificación de datos de identidade do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. A autorización cubrirase no recadro previsto no formulario de solicitude. Os estranxeiros residentes presentarán o NIE.

c) Poder de representación: á solicitude citada xuntarase acreditación válida do poder de representación do asinante da solicitude, segundo o sinalado no artigo 13 das presentes bases.

d) Condición de operador: deberase achegar a acreditación de que o solicitante reúne a condición de operador debidamente habilitado. Esta acreditación deberase realizar achegando certificación de estar inscrito no correspondente Rexistro de Operadores regulado no artigo 7 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, ou ben indicando o nome, o servizo e a data de resolución que figura no dito rexistro para a súa comprobación por parte do órgano instrutor.

e) Unión temporal de empresas (UTE): no caso de que se presenten proxectos subscritos conxuntamente por varios solicitantes como futura unión temporal de empresas (UTE), incorporarase un compromiso dos solicitantes para constituír unha UTE no caso de que lle sexa concedida a subvención. En todo caso, os empresarios que desexen concorrer integrados nela deberán indicar na proposta os nomes e as circunstancias dos que a constitúan, a participación de cada un deles e que asumen o compromiso de que se constitúa formalmente en unión temporal, caso de resultaren beneficiarios. O escrito deberá estar asinado polos representantes das diversas empresas promotoras. A UTE deberá constituírse nun prazo máximo dun (1) mes contado desde a notificación da resolución de concesión da subvención e non poderá disolverse ata que transcorra o prazo a que se estendan as obrigas derivadas da subvención.

f) Cumprimento de obrigas tributarias e coa Seguridade Social: a presentación da solicitude de concesión de subvención por parte da persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano instrutor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Con todo, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento; nese caso, deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

g) Memoria do proxecto, que deberá axustarse á seguinte estrutura mínima:

1º. Resumo executivo cos aspectos máis destacables da proposta que faciliten un mellor entendemento.

2º. Alcance, que inclúa os seguintes puntos: cobertura final da proposta e servizos a usuarios finais.

Especificarase a porcentaxe de cobertura por cada entidade obxectivo nas condicións establecidas nas presentes bases.

Para cada un dos servizos a usuarios finais incluirase, cando menos, as características que confirmen o cumprimento dos aspectos mencionados no artigo 5 das presentes bases.

3º. Solución tecnolóxica proposta, en que se expoña, polo menos, un resumo xeral da arquitectura de rede e a relación de todos os puntos de presenza da rede de acceso.

No resumo xeral da arquitectura de rede describiranse as principais tecnoloxías e medios de transmisión empregados, tanto na rede de transporte como na rede de acceso. Deberase facer especial énfase en demostrar que a capacidade de transmisión é efectiva ao longo de toda a rede, así como os métodos de aseguramento da continuidade dos servizos (dimensionamento da rede, redundancia, escalabilidade…).

Na relación dos puntos de presenza da rede de acceso indicarase a súa localización e a súa asociación ás entidades obxectivo.

4º. Plan de despregamento, en que se detalle na fin de cada semestre os obxectivos que se van acadar para cada entidade obxectivo. Deberanse especificar obxectivos que supoñan un avance significativo indicar polo menos aspectos relativos á finalización da rede de transporte, a instalación de equipamento da rede de acceso, ao inicio de cobertura en cada entidade (posibilidade de primeiras contratacións de servizo) e á cobertura total proposta de cada entidade.

O Plan de despregamento deberá cumprir os prazos e obxectivos establecidos na convocatoria.

5º. Plan de negocio que abarque, como mínimo, dez (10) anos desde o inicio da prestación do servizo empregando o método do valor actual neto (VAN) e indique a taxa anual de desconto que deberá ser contrastada coa taxa interna de retorno (TIR). Igualmente incluiranse as hipóteses de cálculo, o plan de investimentos propio, a distribución anual das subvencións solicitadas e o plan de custos e ingresos.

6º. Plan de seguimento e control incluíndo unha proposta para o seguimento económico (con indicadores de Capex, Opex e ingresos), seguimento do despregamento (incluíndo polo menos os obxectivos indicados no Plan de despregamento), seguimento e control operativo (incluíndo informes de incidencias e operacións de mantemento) e seguimento e control comercial (incluíndo indicadores da penetración de servizos).

7º. Plan de comercialización e difusión, que inclúa unha proposta de plan de comercialización e difusión co obxectivo de dar a coñecer o proxecto entre as empresas das entidades obxectivo. Este plan de comercialización e difusión deberá ter o seguinte contido mínimo: canles de comercialización, plans de publicidade, campañas de márketing, material publicitario e portal web informativo.

Respecto das canles de comercialización que se propón empregar (tendas físicas, comercialización en liña, etc.), indicaranse expresamente os puntos de venda físicos dos servizos do solicitante, tanto propios como de terceiros, existentes na Comunidade Autónoma.

Nos plans de publicidade que se propoñan realizar, indicarase a súa planificación e as canles para utilizar (medios audiovisuais, prensa, redes sociais, soportes publicitarios, etc.), así como os recursos económicos que o solicitante compromete. Entre estas canles de difusión deberanse incluír, cando menos, medios audiovisuais e prensa escrita.

Respecto das campañas de márketing que se propoñan realizar, indicarase a súa planificación e natureza (telemárketing, venda a domicilio, reparto de publicidade, etc.), así como os recursos económicos que o solicitante compromete.

Na proposta de material publicitario que se vai empregar (carteis, folletos, etc.) nas actuacións anteriores, deberá figurar a referencia ao proxecto Plan de banda larga de Galicia 2020, á subvención da Xunta de Galicia e ao cofinanciamento con fondos Feader, conforme o disposto no artigo 27.

Os solicitantes deberanse comprometer a facer referencia no seu portal web a este proxecto.

En todo caso, os beneficiarios da subvención deberán acordar coa Amtega todas as mensaxes relativas ao proxecto Plan de banda larga de Galicia 2020, así como as condicións de uso da súa imaxe. Será preciso obter a validación da Amtega de forma previa ao lanzamento de cada unha das actuacións de difusión do proxecto.

2. Os solicitantes non estarán obrigados a presentar os documentos ou informacións que xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, os solicitantes poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, de ser o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

3. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirir ao solicitante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Artigo 17. Consentimentos e autorizacións

1. Coñecemento da convocatoria. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación do contido da convocatoria e das bases reguladoras, así como a asunción da veracidade dos datos nela recollidos e a responsabilidade sobre a inclusión destes datos, incluso a responsabilidade que se asume por posibles erros realizados a título de simple neglixencia.

2. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.

3. O solicitante autoriza o órgano xestor para consultar a documentación que o solicitante non presente e declare expresamente que xa está en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

5. Conforme o previsto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Amtega publicará no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas ao abeiro destas bases.

6. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Amtega publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das subvencións concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas subvencións e as sancións que como consecuencia delas puidesen impoñerse, nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Con todo, os interesados poderán pedir que non se fagan públicos os seus datos cando poidan afectar a honra e a intimidade persoal e familiar das persoas físicas, segundo o establecido na Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio.

7. De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación deste procedemento, cuxo tratamento e publicación autoricen as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado FL-002 Relacións administrativas coa cidadanía e entidades, co obxecto de xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Edificio Cinc, Cidade da Cultura de Galicia, Monte Gaiás, s/n, 15781 Santiago de Compostela, A Coruña ou a través dun correo electrónico a: lopd@xunta.es.

CAPÍTULO V
Regras do procedemento de concesión

Artigo 18. Órganos competentes

1. O órgano competente para convocar e resolver as subvencións ditadas ao abeiro das presentes bases será a persoa titular da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. A área de Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será o órgano encargado da instrución e do seguimento das subvencións.

3. A Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia será a encargada da xestión económica-orzamentaria dos gastos e ingresos deste programa, do seguimento da súa execución e da aplicación do réxime sancionador.

Artigo 19. Instrución dos procedementos

1. O órgano competente para a instrución realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales debe formularse a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Unha vez revisada a documentación presentada e as emendas feitas, aquelas solicitudes que reúnan todos os requisitos serán remitidas á comisión encargada da súa valoración.

3. As solicitudes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución que corresponda.

Artigo 20. Comisión de Valoración

1. A Comisión de Valoración será o órgano colexiado encargado de valorar as solicitudes de acordo cos criterios obxectivos fixados no artigo 21, así como de propoñer a concesión ou denegación das subvencións aos interesados.

2. A composición da Comisión de Valoración será a seguinte:

a) Presidente: a persoa titular da Dirección da Área da Sociedade Dixital da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia ou a persoa que a substitúa.

b) Dous vogais nomeados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia de entre os seus membros.

c) Secretario: persoal funcionario da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

3. Os suplentes serán designados polo presidente da Comisión de Valoración.

4. A Comisión poderá estar asistida por expertos externos que estarán suxeitos ao mesmo réxime de confidencialidade e ás mesmas causas de abstención que os traballadores públicos.

5. Así mesmo, a Comisión poderá dispoñer a constitución dunha subcomisión técnica para os efectos de colaborar na revisión e valoración dos documentos presentados xunto coa solicitude. Tanto os membros da Comisión como os membros da subcomisión técnica poderán percibir axudas de custo por asistencias e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións conforme o Decreto 144/2001, do 7 de xuño (DOG do 25 de xuño).

6. A Comisión de Valoración realizará un informe co resultado da valoración que conterá, polo menos, o seguinte:

a) Relación de solicitudes aceptadas, especificando para cada unha delas a puntuación alcanzada, o investimento subvencionable, a contía da subvención e, se é o caso, as condicións técnico-económicas particulares asociadas.

b) Relación de solicitudes rexeitadas, especificando para cada unha delas a puntuación acadada e os motivos de rexeitamento.

7. Sen prexuízo do recollido nos puntos anteriores, á vista da documentación dispoñible ou como resultado da valoración obtida en función dos criterios recollidos no artigo 21, a Comisión de Valoración poderá considerar que un proxecto presentado non cumpre as exixencias contidas nestas bases por non adecuarse aos obxectivos da convocatoria ou non ser considerado viable técnica, económica ou financeiramente.

Artigo 21. Criterios de valoración

1. Os criterios de valoración son os seguintes:

Criterio de valoración

Puntos sobre 100

a)

Ponderación entre a cobertura e o importe da subvención solicitada

20

b)

Cobertura xeográfica

30

c)

Empresas cubertas

20

d)

Sustentabilidade do enfoque tecnolóxico

10

e)

Definición do plan de comercialización e difusión dos novos servizos

10

f)

Planificación dos despregamentos, seguimento e control

10

a) Ponderación entre a cobertura e o importe da subvención solicitada: outorgarase maior puntuación a aqueles proxectos que soliciten un menor importe de subvención por entidade obxectivo incluída na proposta de cobertura.

Outorgarase a puntuación máxima ao solicitante que presente unha mellor relación entre subvención solicitada e cobertura proposta. A puntuación cero outorgarase no caso de solicitar a subvención máxima propoñendo a cobertura mínima obrigatoria. Para valores intermedios asignarase a puntuación que corresponda en función da seguinte fórmula:

missing image file

Onde:

S representa o importe da subvención solicitada en euros (€).

N representa o número de polígonos industriais con cobertura proposta polo solicitante.

Ratiosolicitante representa o importe de subvención solicitada por polígono industrial con cobertura proposto polo solicitante.

Ratiomínimo representa o menor importe de subvención solicitada por polígono industrial con cobertura, de entre todas as propostas presentadas.

Ratiomáximo representa o resultado de dividir a dotación orzamentaria máxima fixada na convocatoria entre o número de polígonos industriais de cobertura obrigatoria establecidos nesa convocatoria.

b) Cobertura xeográfica: a puntuación máxima corresponderase coa cobertura de todas as entidades obxectivo fixadas na convocatoria e a mínima co cumprimento dos obxectivos mínimos de cobertura establecidos. A valoración das coberturas intermedias farase con base na seguinte fórmula lineal en que cada entidade obxectivo terá un peso en función da súa prioridade (P1, P2 ou P3):

missing image file

Onde:

Np1, Np2 e Np3 representan respectivamente o número de polígonos industriais de prioridade P1, P2 e P3 con cobertura proposta polo solicitante.

Np1min, Np2min e Np3min representan respectivamente o número de polígonos industriais de prioridade P1, P2 e P3 de cobertura obrigatoria establecida na convocatoria.

Np1max, Np2max e Np3max representan respectivamente o número total de polígonos industriais obxectivo de prioridade P1, P2 y P3 establecidos na convocatoria.

c) Empresas cubertas: a puntuación máxima corresponderase coa cobertura de todas as empresas situadas nas entidades obxectivo fixadas na convocatoria e a mínima co cumprimento dos obxectivos mínimos de cobertura. A valoración das coberturas intermedias farase con base na seguinte fórmula lineal en que as empresas con proposta de cobertura terán un peso en función da prioridade do polígono industrial en que se sitúan (P1, P2 ou P3):

missing image file

Onde:

%p1, %p2 e %p3 representan respectivamente a porcentaxe de cobertura acumulada en polígonos industriais de prioridade P1, P2 e P3 proposta polo solicitante.

%p1max, %p2max e %p3max representan respectivamente a porcentaxe de cobertura acumulada máxima posible en polígonos industriais obxectivo de prioridade P1, P2 e P3 establecidos na convocatoria.

d) Sustentabilidade do enfoque tecnolóxico: valorarase a solución tecnolóxica proposta, en especial en canto á súa capacidade de xestión do tráfico ao longo de toda a rede. A valoración das propostas a este respecto será comparativa.

e) Definición do plan de comercialización e difusión dos novos servizos: valorarase o número de iniciativas e alcance das propostas do plan de comercialización, así como a asignación económica. A valoración das propostas a este respecto será comparativa.

f) Planificación dos despregamentos, seguimento e control: valorarase por separado o Plan de despregamento e o de seguimento e control.

O Plan de despregamento valorarase en canto á mellora no cumprimento dos mínimos exixidos. A puntuación mínima corresponderase co cumprimento dos mínimos exixidos en cada convocatoria. En cada etapa fixada na convocatoria, a mellor proposta recibirá o máximo da puntuación e a valoración das propostas intermedias farase con base nunha fórmula lineal. Outorgarase a cada etapa unha fracción da puntuación total, en función do número de etapas previstas e sempre en orde decrecente (máis puntos á primeira etapa).

En canto ao Plan de seguimento e control, valorarase o detalle e calidade da información proposta. A valoración das propostas a este respecto será comparativa.

2. A avaliación realizarase exclusivamente sobre a información achegada nos formularios e a memoria do proxecto. Por tratarse de procedementos de concesión en concorrencia competitiva, non se admitirán as melloras voluntarias da solicitude.

3. Para que unha solicitude poida ser beneficiaria deberá obter, a raíz do proceso de avaliación descrito, polo menos un 30 % da puntuación máxima posible.

4. Nos casos de solicitudes con igualdade de puntuación, terase en conta, para os efectos de resolver o empate, a puntuación obtida criterio a criterio, seguindo a orde en que figuran no punto 1, empezando polo primeiro ata que se produza o desempate.

Artigo 22. Audiencia

1. Unha vez instruído o procedemento e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez (10) días, poidan formular alegacións e presentar os documentos e as xustificacións que coiden pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o número anterior cando non figuren no procedemento nin sexan tidos en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 23. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, a Comisión de Valoración emitirá informe en que se concrete o resultado da avaliación efectuada e remitiralle ao órgano instrutor.

2. O órgano instrutor, á vista do informe, ditará a correspondente proposta de resolución, que deberá estar debidamente motivada e expresará, cando menos, o proxecto que se subvenciona e o seu custo, así como a subvención concedida e a súa contía, ou, de ser o caso, a causa de denegación, e elevaralla ao órgano competente para resolver.

3. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será o fixado en cada convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que se ditase resolución expresa, os interesados poderán entender rexeitadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

4. Na resolución de concesión da subvención faranse constar, cando menos:

a) Os compromisos asumidos polos beneficiarios.

b) Os créditos orzamentarios a que se imputa o gasto, a contía da subvención, o fondo europeo, a medida e prioridade do PDR de que se trata e a porcentaxe de financiamento.

c) Os prazos e os modos de pagamento da subvención, a posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e pagamentos á conta, así como o réxime de garantías que, se é o caso, deberán achegar os beneficiarios.

d) O prazo e a forma de xustificación por parte do beneficiario do cumprimento da finalidade para a cal se concedeu a subvención e da aplicación dos fondos percibidos.

e) As condicións técnicas e económicas que debe cumprir o proxecto obxecto da subvención concedida.

5. Notificaránselles ás persoas interesadas as resolucións e os actos administrativos que afecten os seus dereitos e intereses, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; na Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

6. As notificacións electrónicas só se poderán efectuar cando así o manifeste expresamente a persoa destinataria ou despois da aceptación da proposta do correspondente órgano ou organismo público.

7. As notificacións electrónicas realizaranse mediante a plataforma de notificación electrónica dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es). De acordo co artigo 25 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes, o sistema de notificación permitirá acreditar a data e hora en que se produza a posta á disposición da persoa interesada do acto obxecto de notificación, así como a de acceso ao seu contido, momento a partir do cal a notificación se entenderá efectuada para todos os efectos legais. Sen prexuízo do anterior, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia poderá remitir ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións, mediante correo electrónico dirixido ás contas de correo que consten nas solicitudes para os efectos de notificación. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada.

8. Se transcorren dez (10) días naturais desde a posta á disposición dunha notificación electrónica sen que accedese ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada e darase por efectuado o trámite seguindo o procedemento, salvo que de oficio ou por instancia da persoa destinataria se comprobe a imposibilidade técnica ou material do acceso.

9. Se a notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia efectuará a notificación polos medios previstos no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 24. Réxime de recursos

As resolucións de concesión da subvención poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

1. Recurso potestativo de reposición ante o órgano competente para resolver, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres (3) meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

2. Recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis (6) meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 25. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Os proxectos con subvención concedida deberán executarse no tempo e na forma aprobados na resolución de concesión. Con todo, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da subvención, poderase solicitar a modificación da resolución de concesión ante o mesmo órgano que a ditou. Calquera cambio no proxecto requirirá simultaneamente:

a) Que o cambio non afecte os obxectivos perseguidos coa subvención, os seus aspectos fundamentais ou a determinación do beneficiario. Para tales efectos, non se considerará que o cambio afecte a determinación do beneficiario cando sexa debido a operacións de fusión, absorción ou escisión da empresa inicialmente beneficiaria.

b) Que se acredite a inexistencia de prexuízo a terceiros/as.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude.

d) Que o cambio sexa solicitado polo menos dous (2) meses antes de que finalice o prazo de execución do proxecto e que sexa aceptado expresamente.

e) Que non supoña un incremento nin do importe nin da intensidade da subvención concedida.

3. Á solicitude de modificación, que se realizará de conformidade co previsto no artigo 12 das presentes bases, xuntarase unha memoria en que se expoñerán os motivos dos cambios, se xustificará a imposibilidade de cumprir as condicións impostas na resolución de concesión e se acreditará o cumprimento dos requisitos expostos no punto 2.

4. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución de concesión será ditado polo órgano que ditou a resolución de concesión, logo da instrución do correspondente expediente en que se lle dará audiencia ao interesado nos termos previstos no artigo 22 destas bases reguladoras.

5. O prazo máximo para resolver será de tres (3) meses, sen que se poida pasar a data de finalización do prazo vixente de execución do proxecto obxecto da subvención. En caso de non resolver antes da data de finalización do proxecto, a resolución que se dite só poderá ser denegatoria.

6. Aquelas solicitudes de modificación da resolución de concesión que supoñan unha modificación na cobertura prevista deberán cumprir ademais as seguintes condicións:

a) A modificación proposta non poderá afectar máis do vinte por cento (20 %) dos polígonos industriais previstos.

b) Deberanse xustificar impedimentos maiores para acometer os despregamentos previstos, considerando como tales, entre outros, a denegación de licenzas para actuacións necesarias ou a inviabilidade técnico-económica pola concorrencia de factores que afecten a execución normal das tarefas de despregamento. Na súa xustificación deberase facer especial fincapé nas alternativas analizadas como proba da vontade real de cumprir coas obrigas contraídas.

c) No caso de que non resultase posible cubrir algún polígono industrial obxectivo comprometido, o beneficiario deberá comprometerse a cubrir nos mesmos termos outro polígono industrial obxectivo da mesma convocatoria de características o máis similares posible. Se iso non for viable, aspecto que debería xustificarse, comprometerase a proporcionar un incremento de cobertura noutros polígonos industriais obxectivo xa previstos no seu plan de despregamento que resulte equivalente en termos de empresas cubertas. Neste último caso deberase remitir información suficiente para xustificar a sectorización prevista antes e despois da modificación coas coberturas correspondentes.

Artigo 26. Aceptación e renuncia

1. Sen prexuízo dos recursos que procedan contra a resolución de concesión, transcorridos dez (10) días hábiles desde a notificación ou publicación desta sen que o interesado comunicase expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que a acepta e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiario.

2. A renuncia á subvención poderase facer por calquera medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 91 da Lei 30/1992.

3. No caso de que se comunicase a renuncia, o órgano competente para resolver ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 42.1 da Lei 30/1992.

Artigo 27. Publicidade e información

1. A publicidade das subvencións concedidas levarase a cabo segundo o disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o disposto no artigo 20 de Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como o previsto na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e na Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

2. Nas publicacións, equipos, material inventariable, actividades de difusión, páxinas web e outros resultados a que poida dar lugar o proxecto farase constar, á marxe doutras fontes de financiamento público e cando sexa de aplicación, que concorre o financiamento con fondos Feader.

3. Conforme o establecido no artigo 13 e no anexo III do Regulamento (UE) 808/2014, o beneficiario da subvención deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade da subvención do Feader indicadas no anexo III do referido regulamento. En particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a cincocentos mil euros (500.000 €), o beneficiario deberá colocar un cartel ou placa no cal indicará o nome e o principal obxectivo da operación e destacará a axuda financeira achegada pola Unión, así como o emblema da Unión e a referencia á axuda do Feader «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais».

4. En todas as actividades de información e comunicación que se desenvolvan, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Feader mostrando:

a) O emblema da Unión.

b) Unha referencia á axuda do Feader.

5. Durante a realización da operación, o beneficiario informará o público da axuda obtida do Feader da seguinte forma:

a) Presentando no sitio web do beneficiario para uso profesional, no caso de que exista tal sitio, unha breve descrición da operación cando poida establecerse un vínculo entre o obxecto do sitio web e a axuda prestada pola operación, en proporción ao nivel de axuda cos seus obxectivos e resultados e destacando a axuda financeira da Unión.

b) No caso de operacións non comprendidas no punto 3 (investimentos subvencionados cun custo total superior a cincocentos mil euros), atenderanse as seguintes obrigas:

1º. As operacións que reciban unha axuda pública total superior a 10.000 euros, en función da operación financiada colocarán polo menos un panel coa información acerca da operación (de tamaño mínimo A3) onde se destaque a axuda financeira recibida pola Unión, nun lugar visible para o público.

2º. Cando a operación dea lugar a un investimento que reciba unha axuda pública total superior a 50.000 euros, o beneficiario colocará unha placa explicativa coa información sobre o proxecto na cal se destacará a axuda financeira da Unión.

6. Os carteis, paneis ou placas e sitios web levarán unha descrición do proxecto ou da operación e os elementos descritos anteriormente. Esta información ocupará como mínimo o 25 % do cartel, da placa ou da páxina web.

Artigo 28. Garantías e pagamento das subvencións

1. Recibida a documentación xustificativa da subvención, os órganos competentes da Amtega, antes de proceder ao seu pagamento, poderán realizar as actuacións de comprobación oportunas para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.

2. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta redución non supoña unha realización deficiente do proxecto. Neste caso producirase a perda do dereito ao cobramento parcial polo importe da minoración da subvención.

3. O pagamento da subvención farase efectivo, mediante transferencia bancaria á conta indicada polo beneficiario, cando este acredite o cumprimento da finalidade para a cal foi concedida e logo de xustificación da execución das actuacións correspondentes.

4. Poderán realizarse pagamentos parciais, de conformidade co establecido no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 62 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

Os pagamentos parciais suporán a realización de pagamentos fraccionados que responderán ás actuacións executadas dentro da anualidade de que se trate, logo de xustificación do investimento realizado por parte do beneficiario, e poderán alcanzar o 90 % da porcentaxe subvencionada correspondente aos pagamentos xustificados sen exceder a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

5. De conformidade co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, o Consello da Xunta poderá exonerar da constitución de garantía por parte do beneficiario.

Artigo 29. Xustificación da realización do proxecto

1. A xustificación da subvención realizarase por parte do beneficiario, de acordo co establecido no capítulo IV, artigo 27 e sucesivos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; no título III, capítulo II do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei, e, cando o proxecto estea cofinanciado polo Feader, co establecido na normativa aplicable do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da Unión Europea.

2. A modalidade de xustificación adoptada para a acreditación da realización do proxecto, o cumprimento das condicións impostas e a consecución dos obxectivos previstos na resolución de concesión será a de conta xustificativa con entrega de informe de auditor, de acordo co previsto no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. A documentación para presentar estará formada polos seguintes elementos:

a) Solicitude de pagamento, debidamente asinada polo representante legal do beneficiario.

b) Conta xustificativa segundo o establecido no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, asinada polo representante legal do beneficiario, que conterá:

1º. Unha memoria de actuación, xustificativa do cumprimento das condicións impostas na resolución de concesión.

2º. Unha memoria económica abreviada, na cal se deberá acreditar o cumprimento das exixencias previstas no punto 4 do artigo 10 das presentes bases.

3º. O informe de auditor.

4º. Unha relación detallada de todos os gastos e pagamentos contabilizados con cargo ao proxecto.

c) Declaración doutras axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo proxecto.

d) Certificados de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social (soamente no caso de denegar expresamente o consentimento ao órgano xestor para que solicite de oficio os certificados).

e) Xustificación do cumprimento das obrigas de publicidade e información.

f) Xustificación das obrigas relativas ao seguimento técnico do proxecto.

4. O informe de auditor virá realizado por un auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, de acordo co previsto no artigo 50 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

A revisión da conta xustificativa polo auditor de contas realizarase de conformidade coas normas de actuación e supervisión que, se é o caso, propoña o órgano que teña atribuídas as competencias de control financeiro de subvencións en Galicia.

Para o estudo e revisión da documentación xustificativa, os auditores poderán utilizar técnicas de mostraxe de acordo coas prácticas habituais xeralmente aceptadas na auditoría de contas.

Finalizada a revisión da conta xustificativa, o auditor deberá emitir un informe, asinado con indicación da data de emisión, que terá o seguinte contido mínimo:

a) Identificación do beneficiario da subvención.

b) Identificación da subvención obxecto do informe, incluíndo o órgano concedente e a data de resolución de concesión, o obxecto da subvención, o custo total do proxecto, a cantidade da subvención e porcentaxe que representa sobre o custo total do proxecto, así como a referencia ás fontes de financiamento.

c) Referencia ás normas autonómicas, estatais e comunitarias aplicables á subvención, así como ás normas técnicas aplicadas ao desenvolvemento do traballo realizado e á emisión do informe.

d) Identificación da conta xustificativa obxecto de revisión, debe xuntar como anexo ao informe a listaxe dos xustificantes de gastos da totalidade do proxecto asinado polo auditor.

e) Mención de que o beneficiario facilitou canta información lle solicitou o auditor para realizar a revisión. No caso de que o beneficiario non facilitase a totalidade da información solicitada, mencionarase tal circunstancia con indicación da información omitida.

f) Alcance do procedemento de revisión, en particular:

1º. Detallaranse os procedementos de revisión levados a cabo e o seu alcance, o sistema de mostraxe empregada, o número de elementos e importe da mostra analizados respecto do total e a porcentaxe de deficiencias advertida respecto da mostra analizada e da contía dos gastos afectados.

2º. Verificación de que a natureza, cantidade e características da totalidade dos gastos se corresponde aos fins para os cales se concedeu a subvención, de acordo coas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión, e cumpren coa normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación. En particular, o informe incluirá no seu ditame os requisitos básicos relativos á elixibilidade do gasto financiado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco da submedida 7.3. de apoio ás infraestruturas de banda larga, en particular, á súa creación, mellora e ampliación, ás infraestruturas de banda larga pasivas e á oferta de acceso á banda larga e a solucións de administración electrónica do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en concreto, a confirmación de que o gasto se aboou dentro do período de elixibilidade.

3º. Comprobación de que os gastos e pagamentos son admisibles e foron realizados e pagados dentro do período de elixibilidade.

4º. Comprobación de que os xustificantes de gastos (facturas, nóminas, etc.) e pagamentos son orixinais e cumpren coa normativa correspondente en cada caso.

5º. Deberase acreditar o cumprimento do disposto no punto 4 do artigo 10 das presentes bases. En particular, no caso de existir no beneficiario un procedemento que regule o proceso de compras, deberanse revisar as follas de adxudicación das compras aos provedores ou documentación análoga e verificar que cumpren cos requisitos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, para efectos da libre concorrencia, publicidade e non discriminación.

6º. Verificación de que nos rexistros contables do beneficiario hai constancia da contabilización dos gastos correspondentes á actividade subvencionada e do seu pagamento. En particular, verificar que a contabilidade dos gastos inherentes ao proxecto se levou a cabo dun modo independente do resto dos gastos do beneficiario, é dicir, que existe un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación.

7º. Comprobación de que o beneficiario non recibiu axudas para o mesmo proxecto de calquera outra Administración pública ou ente privado.

g) Resultado das comprobacións realizadas, mencionando os feitos observados que puidesen supor un incumprimento por parte do beneficiario da normativa aplicable ou das condicións impostas para a percepción da subvención. Deben proporcionar a información co suficiente detalle e precisión para que o órgano instrutor poida concluír respecto diso.

5. Toda a documentación necesaria para a xustificación da realización do proxecto referida nos puntos anteriores será presentada a través dos medios sinalados no artigo 12, no prazo máximo que se fixe na convocatoria.

6. O órgano instrutor poderá ditar instrucións ou guías para a elaboración de calquera aspecto relativo á documentación xustificativa da realización do proxecto.

7. Tal e como se establece no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, transcorrido o prazo establecido de xustificación sen presentala ante o órgano administrativo competente, este requirirá o beneficiario para que no prazo improrrogable de dez (10) días a presente. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste punto comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste punto non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan.

Artigo 30. Actuacións de comprobación

1. O órgano encargado do seguimento das subvencións realizará as seguintes modalidades de actuacións de comprobación en aplicación do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello:

a) Controis administrativos.

b) Controis sobre o terreo.

c) Controis a posteriori.

2. Os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos previstos no artigo 48 do Regulamento (UE) 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo.

A autoridade competente examinará a solicitude de pagamento presentada polo beneficiario e determinará os importes admisibles. Ademais fixará:

a) Importe A: o importe pagadeiro ao beneficiario en función da solicitude de pagamento e a resolución de concesión.

b) Importe B: o importe pagadeiro ao beneficiario tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe A supera en máis dun dez por cento (10 %) o importe B, aplicarase unha redución ao importe B igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis aló da retirada total da subvención.

Con todo, non se aplicarán reducións cando o beneficiario poida demostrar a satisfacción do órgano competente que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando o órgano competente adquira doutro xeito a convicción de que o beneficiario non é responsable diso.

3. Se se deducise que o investimento acreditado foi inferior ao subvencionable ou que se incumpriron, total ou parcialmente, as condicións de outorgamento da subvención, o órgano competente iniciará o procedemento de perda de dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro.

4. Cando se poña de manifesto a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas na lei, iniciarase o procedemento de perda de dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro, de acordo co establecido no título V, capítulo II do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e no artigo 32 destas bases. Este procedemento incluirá o trámite de audiencia ao interesado.

5. O beneficiario da subvención estará obrigado a facilitar as comprobacións do órgano encargado do seguimento das subvencións encamiñadas a comprobar a realización das actividades obxecto da subvención. Así mesmo, en relación co proxecto obxecto de subvención, o beneficiario deberá someterse ás actuacións de comprobación e control financeiro das entidades competentes e, en particular, da Consellería do Medio Rural, da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), do Consello de Contas, do Tribunal de Contas e ás que sexan realizadas por calquera órgano comunitario de inspección ou control.

6. O beneficiario asegurarase de que os orixinais dos documentos xustificativos presentados estean á disposición dos organismos encargados do control, referidos no punto anterior, durante un período de polo menos cinco (5) anos a partir da presentación da xustificación, salvo que na resolución de concesión se especifique un prazo maior.

Artigo 31. Seguimento e control técnico do proxecto

1. Sen prexuízo das actuacións de comprobación do cumprimento da finalidade das subvencións, os beneficiarios someteranse ao seguimento e control técnico do órgano encargado do seguimento, durante o período de despregamento e explotación, que poderá solicitar documentación complementaria para dispoñer dun pleno coñecemento das circunstancias en que se desenvolve o proxecto nas seguintes dimensións: despregamento de rede, operativa de rede, seguimento económico e comercialización dos servizos.

2. Os beneficiarios comprométense a nomear un director de proxecto que fará de interlocutor co órgano encargado do seguimento para calquera aspecto relacionado coa execución do proxecto. Calquera alteración nese cargo representativo deberá ser notificada ao órgano encargado do seguimento.

3. O Plan de seguimento e control presentado na solicitude de subvención constituirá a base para o seguimento e control técnico do proxecto, sen prexuízo das modificacións que o órgano encargado do seguimento poida considerar oportuno introducir.

4. Realizarase unha reunión de lanzamento na cal se definirá a documentación precisa para o inicio das tarefas e a documentación de seguimento. Cada reunión presencial irá precedida da entrega da correspondente documentación de seguimento con polo menos unha (1) semana de antelación.

5. Durante a fase de despregamento realizaranse reunións mensuais de seguimento entre o órgano encargado do seguimento e o director de proxecto, o cal irá acompañado do persoal necesario para tratar todos os aspectos mencionados na orde do día.

6. Unha vez terminadas as tarefas de despregamento realizaranse reunións semestrais entre o órgano encargado do seguimento e o director de proxecto, o cal irá acompañado do persoal necesario para tratar todos os aspectos mencionados na orde do día.

7. Así mesmo, para dar cumprimento ás obrigas de información referidas no punto 78.k) do punto 3.4 das directrices da Unión Europea para a aplicación das normas sobre axudas estatais ao despregamento rápido de redes de banda larga (2013/C 25/01), os beneficiarios deberán facilitar a seguinte información: a data de entrada en servizo, os produtos de acceso por xunto ofertados, o número de usuarios finais, o número de prestadores de servizos que utilizan as infraestruturas obxecto de subvención e o número de fogares e empresas aos que dá cobertura, así como os índices de utilización.

Os beneficiarios estarán obrigados a facilitar calquera información adicional que requira a Comisión Europea.

CAPÍTULO VI
Reintegro e infraccións

Artigo 32. Reintegros e infraccións

1. O incumprimento dos requisitos establecidos nas presentes bases e demais normas aplicables, así como das condicións que, de ser o caso, se establecesen na correspondente resolución de concesión, dará lugar, logo do oportuno procedemento de reintegro, á obriga de devolver as subvencións percibidas e os xuros de demora correspondentes, conforme o disposto no título II, capítulo I da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do seu regulamento.

Procederá o reintegro nas seguintes circunstancias:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

c) Incumprimento do deber de xustificación ou a xustificación insuficiente dos gastos xustificativos dos investimentos subvencionados.

d) Incumprimento do deber de adoptar as medidas de difusión contidas na lei.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeira, así como o incumprimento dos deberes contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se alcanzan os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento dos deberes dos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

2. Será de aplicación o previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se concorresen os supostos de infraccións administrativas en materia de subvencións e axudas públicas.

3. As infraccións poderán ser cualificadas como leves, graves ou moi graves de acordo cos artigos 54, 55 e 56 da citada Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A potestade sancionadora por incumprimento establécese no artigo 66 desta.

4. Sen prexuízo da obriga de satisfacer a penalización nos termos previstos, os beneficiarios deberán cumprir as obrigas cuxo incumprimento ou atraso se penalice salvo que por razóns motivadas así se exoneren diso explicitamente. Esas penalizacións detraeranse do importe pendente de pagamento ao adxudicatario. No caso de que non existan cantidades pendentes de pagamento, as penalizacións faranse efectivas mediante o reintegro da subvención segundo o disposto no artigo 33.1 das presentes bases.

Artigo 33. Criterios de gradación dos posibles incumprimentos

1. Cando o cumprimento polo beneficiario se aproxime de modo significativo ao cumprimento total e se acredite por este unha acción inequivocamente tendente á satisfacción dos seus compromisos e das condicións de outorgamento da subvención, a cantidade que se reintegrará virá determinada pola aplicación dos seguintes criterios:

a) O incumprimento parcial dos fins para os cales se concedeu a subvención, da realización do investimento subvencionable ou da obriga de xustificación dará lugar ao reintegro parcial da subvención na porcentaxe correspondente ao investimento non efectuado ou non xustificado.

b) A realización de modificacións non autorizadas no investimento subvencionable, coa excepción prevista no artigo 25 das presentes bases, suporá a devolución da subvención correspondente ás cantidades desviadas.

c) Se sendo de aplicación o disposto no punto 4 do artigo 10 das presentes bases, non se achegase a documentación indicada neste punto para xustificar o gasto, o órgano encargado do seguimento da subvención, de acordo co previsto no artigo 42 do regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá solicitar unha taxación pericial do ben ou servizo, e serán por conta do beneficiario os gastos que se ocasionen. En tal caso, a subvención calcularase tomando como referencia o menor dos dous valores: o declarado polo beneficiario ou o resultante da taxación.

2. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a subvención, da realización do investimento subvencionable ou da obriga de xustificación dará lugar ao reintegro da totalidade da subvención concedida.

Disposición adicional única. Normativa aplicable

1. No non previsto nas presentes bases serán de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro; a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; a Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia; a Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, así como o Real decreto 1671/2009, do 6 de novembro, de desenvolvemento parcial da Lei 11/2007, do 22 de xuño, antes mencionada; a Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, así como a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. Tamén será de aplicación o disposto na Lei 3/2013, do 20 de maio, de impulso e ordenación das infraestruturas de telecomunicacións de Galicia, e a súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, será de aplicación a Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, e a súa normativa de desenvolvemento, así como o establecido no Real decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e cos medios de comunicación social; o Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do tratado, así como as demais normas que resulten de aplicación.

2. Por tratarse de proxectos cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), será tamén de aplicación a normativa comunitaria reguladora deste fondo, así como a común aos fondos estruturais e de investimento europeos e toda a súa normativa de desenvolvemento: Regulamento (UE) nº 1303/2013, do Parlamento Europeo e de Consello, do 17 de decembro; Regulamento (UE) nº 1305/2013, do Parlamento Europeo e de Consello, do 17 de decembro; Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro; Regulamento delegado (UE) nº 807/2014, da Comisión, do 11 de marzo; Regulamento de execución (UE) nº 808/2014, da Comisión, do 17 de xullo; Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1306/2013, do Parlamento Europeo e do Consello.

ANEXO II
Lista de polígonos industriais obxectivo

Os 115 polígonos industriais obxectivo recóllense na seguinte lista con indicación do nome, provincia, concello e entidade singular de poboación (ESP) en que se sitúan e das coordenadas orientativas (en sistema de referencia xeodésico ETRS 89, fuso 29), así como a clasificación do polígono industrial para os efectos das actuacións previstas nas bases reguladoras:

– P1: 35 polígonos industriais de prioridade 1.

– P2: 32 polígonos industriais de prioridade 2.

– P3: 48 polígonos industriais de prioridade 3.

De conformidade coas directrices da Unión Europea para a aplicación das normas sobre axudas estatais ao despregamento rápido de redes de banda larga que figuran na Comunicación da Comisión Europea 2013/C 25/01, esta lista de polígonos industriais obxectivo queda supeditada ao proceso de actualización da listaxe de zonas susceptibles de recibir axudas públicas no 2016 para a realización de proxectos de extensión da cobertura de redes NGA que está a realizar a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información.

No caso de que antes de ditarse resolución de concesión da subvención se produza unha actualización da citada listaxe, esta resultará de aplicación para eliminar da presente lista de polígonos industriais obxectivo aqueles que non sexan susceptibles de recibir axudas públicas co fin de garantir que as zonas de actuación da convocatoria son coherentes co resultado final do procedemento de identificación de zonas brancas NGA para o ano 2016 realizado pola SETSI.

ID

Nome

Provincia

Concello

Código da ESP asociada

Nome da ESP asociada

X ETRS89 (29)

Y ETRS89 (29)

Tipo

12

Parque Empresarial A Piadela

Coruña (A)

Betanzos

150090404

Infesta (A)

562324

4792041

P1

32

Parque Empresarial do Acevedo

Coruña (A)

Cerceda

150240101

Acevedo (O)

542837

4780723

P1

34

Parque Empresarial de Coirós

Coruña (A)

Coirós

150270508

Parada

569684

4787564

P1

42

Centro Loxístico de Transporte

Coruña (A)

Culleredo

150310601

Ledoño

547863

4791232

P1

43

Polígono Industrial de Curtis-Teixeiro

Coruña (A)

Curtis

150320129

Maques de Arriba

579923

4778556

P1

55

Parque Empresarial da Madanela

Coruña (A)

Melide

150461004

Vilanova

583125

4750105

P1

59

Polígono Industrial As Lagoas

Coruña (A)

Narón

150540001

Narón

565683

4818900

P1

65

Parque Empresarial de Ordes

Coruña (A)

Ordes

150590914

Merelle

548806

4771312

P1

66

Parque Empresarial de Sigüeiro e Oroso Pequeno

Coruña (A)

Oroso

150600709

Vilanova

545856

4758367

P1

73

Polígono Industrial de Picusa

Coruña (A)

Padrón

150650410

Matanza (A)

528640

4732068

P1

76

Polígono Industrial A Tomada

Coruña (A)

Pobra do Caramiñal (A)

150670414

Tomada (A)

503144

4716813

P1

79

Parque Empresarial de Penapurreira

Coruña (A)

Pontes de García Rodriguez (As)

150700615

Maciñeira

587001

4811009

P1

91

Parque Empresarial de Santa Comba

Coruña (A)

Santa Comba

150771102

Bouza (A)

516934

4763914

P1

101

Parque Empresarial das Somozas

Coruña (A)

Somozas (As)

150810457

Parque empresarial

586723

4821061

P1

125

Parque Empresarial Castro Ribeiras de Lea

Lugo

Castro de Rei

270102204

Chairo (O)

621460

4777157

P1

145

Polígono Industrial A Louzaneta

Lugo

Lugo

270282105

Torrón (O)

615678

4760840

P1

150

Polígono Industrial de Reboredo

Lugo

Monforte de Lemos

270311710

Regueira (A)

620296

4705403

P1

153

Parque Empresarial de Outeiro de Rei

Lugo

Outeiro de Rei

270391001

Felpas

614352

4774365

P1

193

Parque Empresarial de Xinzo de Limia

Ourense

Xinzo de Limia

320322001

Baronzas

605664

4659382

P1

227

Parque Empresarial de Vilamarín

Ourense

Vilamarín

320870706

Tamallancos

591433

4697486

P1

234

Parque Empresarial

Bueu-Castiñeiras

Pontevedra

Bueu

360040212

Portela (A)

517135

4683927

P1

236

Zona Industrial das Veigas de Almorzar

Pontevedra

Caldas de Reis

360050906

Veigas de Almorzar (As)

527164

4716086

P1

239

P.I. O Salnés

Pontevedra

Cambados

360460602

Cabanelas

518369

4708036

P1

241

Área Industrial A Portela

Pontevedra

Cangas

360080301

Augalevada

517821

4682497

P1

242

Polígono Industrial de Ribadil

Pontevedra

Cañiza (A)

360090620

Uceira

561830

4674737

P1

249

Parque Empresarial da Estrada-Toedo

Pontevedra

Estrada (A)

360174603

Soutiño (O)

539730

4729221

P1

259

Polígono Industrial de Botos

Pontevedra

Lalín

360240804

Botos

569944

4720461

P1

264

Área Industrial A Pedreira

Pontevedra

Meaño

360270706

Pazo (O)

517143

4701829

P1

279

Parque Empresarial do Campiño

Pontevedra

Pontevedra

360381109

Pintos

533990

4695038

P1

288

Polígono Industrial da Lomba

Pontevedra

Ponteareas

360420306

Lomba (A)

539539

4670498

P1

293

Polígono Industrial Chan da Ponte

Pontevedra

Salvaterra de Miño

360501409

Chan da Ponte

540808

4659801

P1

299

Parque Empresarial de Areas

Pontevedra

Tui

360550105

Gaios

527841

4654183

P1

312

Parque Empresarial do Pousadoiro

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

360600414

Vento (O)

522833

4715811

P1

313

Polígono Industrial de Bamio

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

360600203

Casal (O)

520911

4720938

P1

315

Polígono Industrial de Tremoedo

Pontevedra

Vilanova de Arousa

360610604

Deiro

519058

4710626

P1

9

Parque Empresarial Arzúa

Coruña (A)

Arzúa

150060115

San Salvador

567649

4753686

P2

15

Parque Empresarial de Boqueixón

Coruña (A)

Boqueixón

150121208

Pumares

542561

4741913

P2

61

Polígono

Industrial Augalevada

Coruña (A)

Noia

150570201

Augalevada

510220

4738521

P2

68

Parque Empresarial de Cuíña

Coruña (A)

Ortigueira

150610628

Areosa (A)

593188

4834882

P2

77

Parque Empresarial de Ponteceso

Coruña (A)

Ponteceso

150681405

Petón (O)

510735

4789167

P2

89

Polígono Industrial Arco Iris

Coruña (A)

Sada

150750705

Espírito

Santo (O)

557915

4796476

P2

119

Parque Empresarial de Begonte

Lugo

Begonte

270070311

Río Calvo

606242

4779275

P2

128

Parque Empresarial do Corgo

Lugo

Corgo (O)

270141002

Fontoira

630590

4755552

P2

131

Polígono Industrial dos Acivros

Lugo

Chantada

270160710

Vilanova do Monte

600398

4715818

P2

146

Parque Empresarial de Meira

Lugo

Meira

270290102

Carballal (O)

638313

4786818

P2

162

Polígono Industrial de Ribadeo

Lugo

Ribadeo

270510708

Vilar

656596

4823108

P2

167

Parque Empresarial San Xulián de Veiga

Lugo

Sarria

270574306

San Xulián

631752

4740130

P2

165

Polígono Industrial do Morelle

Lugo

Sarria

270574305

Montés (O)

632493

4739507

P2

168

Polígono Industrial do Peago (P.I. de Escairón)

Lugo

Saviñao (O)

270582603

Igrexa (A)

610717

4715397

P2

178

Parque Empresarial de Chorente

Ourense

Allariz

320010302

Frieira (A)

599161

4672453

P2

319

Parque Empresarial de Chorente (Polígono Industrial de Roiriz)

Ourense

Allariz

320010606

Roiriz

599504

4673176

P2

182

Parque Empresarial do Barco de Valdeorras

Ourense

Barco de Valdeorras (O)

320090402

Vales

663660

4697384

P2

190

Parque Empresarial de Celanova

Ourense

Celanova

320241707

San Paio

587571

4666078

P2

208

Zona de Promoción Industrial Trado

Ourense

Pontedeva

320640211

Trado

569822

4669529

P2

209

Parque Empresarial de Ribadavia

Ourense

Ribadavia

320690401

San Cristovo

572055

4685061

P2

212

Parque Empresarial da Rúa

Ourense

Rúa, A

320720101

Roblido

652867

4694483

P2

224

Parque Empresarial de Verín-Pazos

Ourense

Verín

320850701

Pazos

627355

4643082

P2

228

Parque Empresarial Santa Marta

Ourense

Vilar de Santos

320900203

Vilar de Santos

598767

4660243

P2

240

Parque Empresarial A Facha

Pontevedra

Campo Lameiro

360070307

Redonde

536423

4705465

P2

252

Polígono Industrial de Vilapouca

Pontevedra

Forcarei

360181303

Vilapouca

556482

4710167

P2

266

Polígono Industrial de Vilanoviña

Pontevedra

Meis

360280818

Vilanoviña

524426

4710649

P2

270

Polígono Industrial de Mirallos

Pontevedra

Moraña

360320710

Teixugueiras (As)

533984

4714617

P2

277

Polígono Industrial de Chan de Amoedo

Pontevedra

Pazos de Borbén

360370102

Carballiño (O)

536984

4682416

P2

254

Área de Negocios Oceanis

Pontevedra

Porriño (O)

360390602

Arrotea (A)

530018

4665848

P2

289

Parque Empresarial da Reigosa e Central de Transportes de Ponte Caldelas

Pontevedra

Ponte Caldelas

360430903

Reigosa (A)

534579

4694506

P2

291

Área Industrial de Rodeiro

Pontevedra

Rodeiro

360471702

Devesa (A)

584987

4722439

P2

296

Parque Empresarial de Silleda

Pontevedra

Silleda

360523005

Mera

563508

4727153

P2

29

Parque Empresarial da Trabe

Coruña (A)

Cedeira

150220420

Trabe (A)

579057

4833628

P3

51

Plan de Sectorización Cerámicas Campo

Coruña (A)

Laracha (A)

150410128

Regado (O)

531902

4790202

P3

53

Parque Empresarial de Malpica

Coruña (A)

Malpica de Bergantiños

150430405

Barreiros (Os)

517009

4792186

P3

57

Parque Empresarial de Muros

Coruña (A)

Muros

150530512

Serres

493913

4736708

P3

62

Plan de sectorización SUNP I-3

Coruña (A)

Oleiros

150580304

Caño (O)

556384

4796641

P3

71

Parque Empresarial da Picaraña

Coruña (A)

Padrón

150650212

Picaraña (A)

529519

4739112

P3

72

Polígono Industrial de Cortizo

Coruña (A)

Padrón

150650501

Agronovo

526470

4733516

P3

83

Área Industrial Cruz das Cabezas

Coruña (A)

Pontes de García Rodríguez (As)

150700549

Cruz das Cabezas

594131

4810535

P3

85

Parque Empresarial de Rianxo

Coruña (A)

Rianxo

150720622

515722

4724379

P3

324

Polígono do Couso

Coruña (A)

Ribeira

150730103

Couso

496776

4707567

P3

109

Parque Empresarial de Vimianzo

Coruña (A)

Vimianzo

150921410

Vimianzo

497756

4774030

P3

111

Polígono Industrial do Allo

Coruña (A)

Zas

150930101

Allo (O)

505094

4778003

P3

116

Área Industrial A Rasela

Lugo

Baleira

270040510

Pradeda

642609

4763120

P3

118

Parque Empresarial de Becerreá

Lugo

Becerreá

270060702

Venda de Cruzul (A)

650798

4746200

P3

121

Área Industrial de Carral

Lugo

Begonte

270071802

Marco (O)

610343

4776144

P3

123

Parque Empresarial de Bóveda

Lugo

Bóveda

270080101

Bóveda

624551

4720986

P3

129

Parque Empresarial de Muimenta

Lugo

Cospeito

270150808

Portoareoso

625505

4790680

P3

134

Área Industrial Monte da Gándara

Lugo

Friol

270200901

Friol

599578

4765166

P3

135

Parque Empresarial de Xermade

Lugo

Xermade

270211009

Parrugueiras

(As)

595852

4801360

P3

136

Parque Empresarial de Guitiriz

Lugo

Guitiriz

270220501

Augas Longas (As)

587180

4781763

P3

142

Parque Empresarial de Lourenzá

Lugo

Lourenzá

270270315

Pousada

638218

4816440

P3

148

Parque Empresarial de Mondoñedo

Lugo

Mondoñedo

270301107

Pedrido

633420

4811630

P3

149

Porto Seco de Monforte

Lugo

Monforte de Lemos

270311901

Barrio (O)

623476

4711155

P3

151

Parque Empresarial de Monterroso

Lugo

Monterroso

270320101

Arada

596618

4738716

P3

152

Área Industrial O Pousadoiro-Ourol

Lugo

Ourol

270380408

Casaido

610503

4827732

P3

154

Parque Empresarial de Palas de Rei

Lugo

Palas de Rei

270400806

Ponterroxán (A)

591650

4747124

P3

157

Parque Empresarial da Pastoriza

Lugo

Pastoriza (A)

270441201

Pastoriza (A)

634753

4794955

P3

159

Parque Empresarial da Pontenova

Lugo

Pontenova (A)

270480304

Goios

646321

4801845

P3

161

Parque Empresarial de Quiroga

Lugo

Quiroga

270501605

Medas (As)

642918

4702663

P3

166

Polígono Industrial de Balmao

Lugo

Sarria

270570502

Betote de Arriba

629257

4740438

P3

183

Polígono Industrial da Médua

Ourense

Carballeda de Valdeorras

320171201

Medua (A)

675567

4696523

P3

185

Polígono Industrial O Trigal

Ourense

Carballeda de Valdeorras

320170703

Trigal (O)

676693

4694886

P3

184

Polígono Industrial O Casaio

Ourense

Carballeda de Valdeorras

320170301

Casaio

680712

4690177

P3

219

Parque Empresarial de Sarreaus

Ourense

Sarreaus

320780301

Cortegada

609885

4665215

P3

225

Centro de Transportes e Automóbiles de Verín

Ourense

Verín

320850901

Queizás

629045

4640842

P3

229

Parque Empresarial de Arbo

Pontevedra

Arbo

360010208

Fondevila

554967

4659986

P3

235

Polígono Industrial Arcos da Condesa

Pontevedra

Caldas de Reis

360050110

Foxacos

529362

4713910

P3

238

Área Empresarial de Forbesa

Pontevedra

Caldas de Reis

360050301

Caldas de Reis

528812

4716407

P3

243

Parque Empresarial de Ábalo

Pontevedra

Catoira

360100103

Cores

521622

4722692

P3

244

Polígono Industrial O Sangal

Pontevedra

Cerdedo

360110208

Cernados

550961

4709691

P3

251

Polígono Industrial Cachafeiro

Pontevedra

Forcarei

360180402

Cachafeiro

554468

4713142

P3

255

Polígono Industrial de Agolada

Pontevedra

Agolada

360201404

Agolada

579830

4735938

P3

325

Polígono de Porto Meloxo

Pontevedra

Grove (O)

360220117

Virxe das Mareas

509211

4704987

P3

262

Polígono Industrial de Racelo

Pontevedra

Lama (A)

360250917

Racelo

545466

4695624

P3

265

Polígono Industrial das Covas

Pontevedra

Meis

360280804

Lantañón

523953

4711511

P3

271

Polígono Industrial de Afieiras

Pontevedra

Moraña

360320503

Grixó

533891

4715911

P3

309

Polígono Industrial O Camballón

Pontevedra

Vila de Cruces

360591001

Vila de Cruces

568873

4737850

P3

314

Parque Empresarial de Vilanova de Arousa I (Área Loxística de

Baión-Ría de Arousa)

Pontevedra

Vilanova de Arousa

360610216

San Simón

523016

4712955

P3

missing image file
missing image file
missing image file