O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.
Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 293 convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 4 de febreiro de 2016 (BOE do 9 de febreiro) e resolto pola Resolución do 31 de marzo de 2016, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, co Decreto da Xunta de Galicia 72/2013, do 25 de abril, e coas demais disposicións legais autonómicas pertinentes,
RESOLVO:
Nomear os rexistradores comprendidos na citada resolución e que no anexo se relacionan para prover os rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de abril de 2016
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza
ANEXO
• María Teresa Ferrín Sanmartín, rexistradora de Santiago de Compostela número 2 para o Rexistro de Pontevedra número 1.
• Francisca Núñez Núñez, rexistradora de Ourense número 1 para o Rexistro de Cangas.
• Inés Areán Fraga, rexistradora da Estrada para o Rexistro de Ribadeo.