Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-04349-O-2015 e tres máis).

A persoa titular da Xefatura Territorial da Coruña ditou a resolución dos expedientes sancionadores número XC-04349-O-2015 e tres máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Unha vez intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Comunícaselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante a persoa titular da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Coruña.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o previsto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 5 de abril de 2016

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-04349-O-2015

8493-FRW

Garda Civil 1503 A54682C

Achurra Alonso, Benjamín

13727913H

Bajada del Caleruco, 14

39012 Santander

Cantabria

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

6.10.2015; 12.22; Poligono Río do Pozo; 0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-04408-O-2015

2551-HHK

Garda Civil 1504 N92097L

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Xafonte-Vilaboa, 1-1º D

15174 Culleredo

A Coruña

Diminución do descanso diario en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

15.10.2015; 11.16; AG-1.1; 40,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-04409-O-2015

2551-HHK

Garda Civil 1504 N92097L

Rebeca Seoane Pose

47385262H

Xafonte-Vilaboa, 1-1º D

15174 Culleredo

A Coruña Coruña (A)

Diminución do descanso diario en condución en equipo (sobre 9 horas nun período de 30 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

15.10.2015; 11.21; AG-1.1; 40,0

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-04412-O-2015

8781-DRB

Garda Civil 1504 H74822F

Trans Coruña, S.L.

B15743560

Avenida Alvedro, 25

15180 Culleredo

A Coruña

Non levar a bordo dun vehículo arrendado o contrato de alugamento ou copia del, ou levaro sen cubrir.

29.6.2015; 9.30; SC-20; 2

Art. 142.9 LOTT Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros