Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15288

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 13 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de notificación de información pública do expediente IN407A 2015/002-1.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro e BOE núm. 30, do 4 de febreiro), notifícase aos interesados descoñecidos, ausentes ou con enderezo descoñecido que se sinalan no anexo deste anuncio a Resolución do 25 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica nos concellos de Dumbría e Vimianzo (IN407A 2015/002-1).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, polo que os interesados poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Sen prexuízo do anterior, este anuncio publícase tamén no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 13 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/002-1.

Solicitante: Red Eléctrica de España, S.A.

Denominación: instalación CT abonado LAMT e LSMT a 20 kV para servizos auxiliares de S.E. Regoelle.

Concellos: Dumbría-Vimianzo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Parc.

Propietaria

Referencia catastral

Políg.

Parcela

Servid. voo (m2)

Zona segur. (m2)

Natureza do terreo

13

Pérez Lema Manuela

15034A007003560000ZE

007

356

12

12

Labor ou labradío secano