Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15277

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cotobade (expediente IN407A 2016/40-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello 21, 36830 A Lama.

Denominación: LMTS, CT O Salgueiro.

Situación: Cotobade.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 712 metros de lonxitude, con orixe e final nos pasos aerosubterráneos que se van realizar no apoio 4EM00160 da LMT principal Carballedo, unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/420 V, situado no Salgueiro, Rebordelo, Cotobade.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, na avenida Fernández Ladreda, nº 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 16 de marzo de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Predio 1. Concello: Cotobade; lugar: O Salgueiro, Rebordelo; referencia catastral: 36012B516050370000FS; titular: descoñecido; afección: 4 m2 para 2 metros de liña subterránea.

Predio 2. Concello: Cotobade; lugar: O Salgueiro, Rebordelo; referencia catastral: 36012B516021400000FQ; titular: descoñecido; afección: 42 m2 para o centro de transformación.