Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2016 Páx. 15248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (654/2013).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 654/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Ángeles Edreira Veiga contra Limpiezas El Polígono, S.L., Manuel Fernández Fernández e Fogasa, sobre ordinario, se ditou Resolución do 4 de abril de 2016 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días, e fágolles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Limpiezas El Polígono, S.L. e Manuel Fernández Fernández, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto o sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 5 de abril de 2016

O letrado da Administración de xustiza