BDNS (Identif.): 304563
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Segundo. Obxecto
Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2015/16 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos na orde.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de abril de 2016 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/16.
Cuarto. Importe
20 premios extraordinarios cunha dotación total de 20.000 €, que non poderán exceder os 1.000 € por premio.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día 3 de maio de 2016.
Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria