Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo non suxeito a regulación harmonizada relativo á organización das V Xornadas de portas abertas das rutas dos viños de Galicia, polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 4 de xaneiro de 2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: levar a cabo todas as tarefas derivadas da organización, desenvolvemento, promoción, comunicación e difusión das V Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia, promovidas pola Axencia Turismo de Galicia en colaboración coas asociacións das cinco rutas dos viños galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Importe sen IVE: 61.983,47 €.

IVE (21 %): 13.016,53 €.

Importe total IVE incluído: 75.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de marzo de 2016.

b) Data de formalización do contrato: 1 de abril de 2016.

c) Adxudicatario: Europublic Comunicación, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 61.115,70 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia