Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15386

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 12 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente sancionador ILL-PO-0004/2015.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, despois de que fose devolto polo servizo de Correos porque, intentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 61 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede desta xefatura territorial, situada na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, da 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 12 de abril de 2016

Alberto Fuentes Losada
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

Acto adoptado

ILL-PO-00004/2015

Hamid Baslimane

Proposta

Polo instrutor