Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15393

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se inicia o trámite de competencia para o outorgamento da autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Tomiño.

O 25.3.2008 esta dirección xeral ditou resolución pola que se outorgou a Gas Galicia SDG, S.A. a autorización administrativa para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Tomiño (Pontevedra); que se publicou no Diario Oficial de Galicia (22.4.2008) e no Boletín Oficial da provincia (16.4.2008). Esta autorización administrativa foi revogada pola Resolución do 21 de xaneiro de 2016, desta dirección xeral, debido ao incumprimento de Gas Galicia SDG, S.A. da súa obriga de presentar o correspondente proxecto de execución das instalacións para a súa aprobación.

O 25.2.2016 a empresa Gas Galicia SDG, S.A. solicitou novamente a devandita autorización administrativa e, posteriormente, o 4.3.2016 a empresa Primagás Energía Distribución, S.A.U. tamén solicitou a mesma autorización administrativa.

A respecto destas dúas solicitudes, e de conformidade co disposto nos artigos 4 e 5 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regulan o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), a segunda solicitude considérase en concorrencia coa primeira e esta, cuxos datos se reflicten no cadro seguinte, inicia o correspondente trámite de competencia.

Datos da solicitude

Data da solicitude

25 de febreiro de 2016

Empresa solicitante

Gas Galicia SDG, S.A.

Contido da solicitude

Autorización administrativa previa e aprobación do proxecto de execución

Tipo de instalación

Rede de distribución de gas natural alimentada desde unha planta de GNL

Denominación do proxecto

Proxecto de autorización administrativa e execución de instalacións para módulo de regasificación e rede de distribución de gas natural para dar subministración ao termo municipal de Tomiño (Pontevedra)

Núcleo de poboación da rede

Tomiño (Pontevedra)

Ábrese un prazo de 30 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para que:

• Outras empresas distribuidoras de gas natural poidan presentar solicitudes en concorrencia con estas dúas solicitudes de Gas Galicia SDG, S.A. e Primagás Energía Distribución, S.A.U.

• As empresas Gas Galicia SDG, S.A. e Primagás Energía Distribución, S.A.U. poidan completar, se o consideran oportuno, as súas solicitudes.

O trámite de competencia resolverase a favor da empresa concorrente cuxo proxecto obteña a maior puntuación, tras a súa valoración de acordo cos criterios establecidos no artigo 8 do Decreto 62/2010, do 15 de abril.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas