Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15409

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 69-2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público, na modalidade de concerto, da reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello da Coruña, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 69-2015.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público, na modalidade de concerto, da reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica para persoas con alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas no concello da Coruña.

c) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: 17 de novembro de 2015.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 256.783 € (IVE incluído).

1.5. Formalización:

a) Data: 10.3.2016.

b) Contratista: AO Mayores Servicios Sociales, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 205.172,20 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social