Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15445

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Tribunal de Contas (Sección de Axuizamento - Departamento Terceiro)

EDICTO (C-87/16).

O director técnico do Departamento 3º e secretario no procedemento de reintegro por alcance nº C-87/16, en méritos do acordado en providencia do conselleiro de contas, do 5 de abril de 2016, e para dar cumprimento ao previsto no artigo 68.1, en relación co 73.1, ambos da Lei 7/1988, do 5 de abril, reguladora do funcionamento do Tribunal de Contas.

Fai saber que neste tribunal se segue procedemento de reintegro por alcance nº C-87/16, do ramo de sector público local (Concello do Porriño), Pontevedra, relativo a presuntas irregularidades na xestión en determinado contrato no dito concello.

O que se fai público coa finalidade de que os legalmente habilitados para o mantemento ou oposición á pretensión de responsabilidade contable poidan comparecer nos autos en forma dentro do prazo dos nove días seguintes ao da publicación deste edicto.

Madrid, 5 de abril de 2016

Fernando de la Cueva Iranzo
Director técnico, secretario do procedemento