Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15370

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo

EDICTO (225/2015).

Eu, Francisco Rascado González, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 7 de Vigo, polo presente,

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Diego Sirera Pampín contra Pilar Gámez Kell ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza. Xuíz que a dita: maxistrado Lomo del Olmo. Lugar: Vigo. Data: 10 de xullo de 2015. Demandante: Diego Sirera Pampín. Demandado: Pilar Gámez Kell. Procedemento: xuízo verbal 225/2015-N. Resolvo que estimando en parte a demanda promovida por Mª del Carmen Pampín Otero en representación de Diego Sirera Pampín contra Pilar Gámez Kell, debo condenar e condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.573,28 € máis os xuros legais correspondentes desde a data da súa interposición, sen efectuar especial pronunciamento sobre as custas causadas. Advírtolles ás partes que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún. Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mandoo e asinoo».

Ao estar a devandita demandada, Pilar Gámez Kell, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 4 de novembro de 2015

O secretario xudicial