Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2016 Páx. 15441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadeo

ANUNCIO da convocatoria dun posto de técnico de administración xeral, con carácter de funcionario interino.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 87, do 16 de abril de 2016, publícanse integramente as bases reguladoras do acceso a un posto de técnico de administración xeral con carácter de funcionario interino (artigo 10.1.c) do EBEP) para o desenvolvemento dun programa ambiental.

De conformidade co previsto na base 8ª das referidas bases, o prazo para presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que apareza publicado o extracto de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios realizaranse no BOP de Lugo e no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo.

Ribadeo, 16 de abril de 2016

Fernando Suárez Barcia
Alcalde