Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15585

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (47/2016).

Despedimento/cesamentos en xeral 47/2016

Procedemento de orixe: sobre despedimento

Demandante: Aurelio Pereiras Míguez

Avogado: José Cao García

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A.

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 47/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Aurelio Pereiras Míguez contra a empresa Fondo de Garantía Salarial, Galisec, S.L.U., Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que estimo a demanda interposta por Aurelio Pereiras Míguez, fronte ás empresas Galisec, S.L.U., e fronte a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrados, S.A, declaro improcedente o despedimento do traballador demandante, e en consecuencia condeno conxunta e solidariamente as empresas demandadas a que o readmitan nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento co aboamento dos salarios deixados de percibir ou, á súa elección, a que lle aboen unha indemnización de 28.394,97 euros (salvo erro aritmético).

Con intervención do Fogasa.

A opción deberá exercerse mediante escrito ou comparecencia na Secretaría deste xulgado do social dentro do prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza, en espera da súa firmeza. No suposto de non optar pola readmisión ou a indemnización, entenderase que procede a primeira.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme establecen os artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social, que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza. A recorrente deberá consignar, coa interposición do recurso e coas excepcións previstas no artigo 229 do texto citado, a suma de 300 euros na conta que este xulgado ten aberta na oficina principal de Banesto, desta cidade, baixo a denominación “depósitos e consignacións”, co numero 5081, especificando a clave 65 ao tratarse dun recurso de suplicación.

Así mesmo, e coa excepción prevista no artigo 230 do texto mencionado, será indispensable acreditar no momento do anuncio do recurso, ter consignado na conta anteriormente citada, a cantidade obxecto de condena, aínda que pode asegurar a suma por medio de aval bancario, con responsabilidade do avalista.

Así por esta sentenza o pronuncio, mando e asino».

Para que sirva de notificación en legal forma a Ibérica de Montajes y Servicios de Encofrado, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 4 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza