Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15616

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, polo que se empraza a interesada no expediente de subvención para a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais 15360005/2010.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase a persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE) e que se sinala no anexo, o acordo de inicio dun procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento da axuda relativa ao expediente de subvención núm. 15360005/2010 (Orde do 5 de xullo de 2010, pola que se establecen as bases e se convocan axudas a creación e mellora de empresas de aproveitamentos forestais).

A interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, situada na rúa San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acordo de inicio e a constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da data de finalización deste.

Concédeselle a interesada un prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte á notificación do acordo de inicio, para que poida formular alegacións e presentar a documentación que xulgue conveniente aos seus dereitos ante a Consellería do Medio Rural.

O presente anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación a interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que se fai constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Ordenación e Produción Forestal

ANEXO

Expediente: procedemento para declarar o reintegro e a perda do dereito ao cobramento da axuda no expediente de subvención núm. 15360005/2010.

Interesada: Explotaciones Forestales del Deza, S.L.

Acto de notificación: acordo de inicio.

Último enderezo coñecido: lgar. Sello, Fontecabalos, 4, 36517 Lalín (Pontevedra).