Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2016 Páx. 15650

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambados

ANUNCIO da aprobación definitiva do convenio urbanístico para a execución do planeamento para ampliar o camiño transversal á rúa do Castro.

O Pleno da Corporación, en sesión do 29.10.2015, acordou, por unanimidade, prestarlle aprobación ao convenio urbanístico para a execución do planeamento co fin de ampliar o camiño transversal á rúa do Castro, no lugar do Cruceiro-Vilariño; finalizado o período de exposición pública, sen terse presentado reclamacións, enténdese elevado automaticamente a definitivo o acordo ata entón provisional e proceder á publicación do seu texto íntegro, para xeral coñecemento:

Convenio urbanístico para a execución do planeamento co fin de ampliar o camiño transversal á rúa do Castro, no lugar do Cruceiro, Vilariño (Cambados).

Reunidos en Cambados o 23 de outubro de 2015.

Dunha parte, José Ramón Abal Varela, concelleiro delegado de Urbanismo e Obras, en representación do Concello de Cambados, con CIF P3600600E e domicilio na praza do Concello, nº 1, 36600 Cambados.

E da outra parte, Ramona Isolina Sineiro Rodríguez, maior de idade, propietaria dos terreos afectados polo presente convenio e con domicilio para efectos de notificación en Cambados,

EXPOÑEN:

Primeiro. O obxecto deste convenio é o desenvolvemento urbanístico consistente na ampliación de camiño, que se encontra situado fronte á rúa do Castro (O Cruceiro-Vilariño), na esquina coa avenida de Vilariño, coa conseguinte urbanización do predio denominado Sar ou Xota, dedicada a labradío e viñedo, de nove áreas, setenta e tres centiáreas e que linda: norte, camiño; sur, estrada; leste, camiño e oeste, a parcela C) doada a Marina Sineiro Rodríguez.

O citado terreo encóntrase fora das aliñacións fixadas nas actuais NSM de acordo co seguinte plano:

missing image file

Achégase plano topográfico realizado polo enxeñeiro técnico agrícola Ramón Martínez Mouriño do 21.10.2014, en que se delimita a parcela e a superficie de cesión para ampliación das vías.

Esa cesión débese entender aproximada na falta da realización da correspondente acta de aliñacións de acordo co artigo 2.5.2 das NSM de Cambados.

A superficie que se vai urbanizar para a ampliación das vías fixadas nas NSM é de 291 m².

No terreo afectado pola cesión encóntrase unha pequena edificación auxiliar e un pozo de auga, os cales están parcialmente afectados polas aliñacións.

Esas construcións deberán recuar ata a aliñación das NSM.

Segundo. Que Ramona Isolina Sineiro Rodríguez é propietaria única da totalidade dos terreos afectados polo convenio urbanístico e que ten como referencia catastral 6273307NH1067S0001UJ.

Terceiro. Esta concellaría considera necesario facer efectivas, con carácter executivo, as previsións fixadas nas normas subsidiarias do Concello de Cambados a través dun convenio urbanístico para levar a cabo a apertura da vía que facilite a incorporación e saída dos vehículos da avenida de Vilariño, e resolver finalmente o embotellamento que se produce neste punto do sistema viario e eliminar o perigo para a seguridade viaria.

A dita actuación lévase a cabo dándolles continuidade ás actuacións realizadas con anterioridade de cara a unha mellora do sistema viario do concello.

Para os efectos de levar a cabo a actuación que se pretende, as partes citadas, recoñécense mutua capacidade xurídica e de obrar para a sinatura do presente convenio, de conformidade coa Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, consonte as seguintes cláusulas:

Primeira. As partes que subscriben comprométense, na medida que lles corresponda e dentro dos estritos límites, termos e procedementos autorizados pola vixente lexislación en materia urbanística e de réxime local, a asumir as obrigas que deriven de conformidade co establecido no presente convenio.

Segunda. Os deberes legais de cesión dos propietarios son 291 m², cuantificándoos en 21.825 euros.

Terceira. O propietario renuncia ao aproveitamento urbanístico correspondente aos terreos da cesión para a ampliación das vías.

As condicións urbanísticas da parcela de edificabilidade e ocupación referiranse á superficie neta resultante despois da cesión, que é de 682 m², onde a edificabilidad máxima é de 409,20 m² e a ocupación máxima de 341 m².

Cuarta. O prazo de vixencia deste convenio será de 2 anos.

Quinta. Os compromisos voluntariamente adquiridos son os seguintes:

Por parte do Concello de Cambados:

a) Executar as obras previstas no presente convenio.

b) Retirar o pozo ao interior das aliñacións.

c) Executar o peche da parcela cun muro de dúas ringleiras de pedra de entre 45 e 50 centímetros, ou similar, sempre que non se incrementen os custos.

Por parte do propietario:

a) Ceder os terreos libres de cargas e gravames.

b) Retirar a edificación auxiliar á aliñación das NSM.

Sexta. As causas de resolución do presente convenio serán:

a) O cumprimento do seu obxecto.

b) A inviabilidade da realización das actuacións descritas neste convenio por causas non imputables ás partes.

c) O incumprimento de calquera das súas cláusulas.

Sétima. A resolución do convenio por causas imputables ao incumprimento dunha das partes dará lugar á resolución do presente convenio.

Oitava. O presente convenio terá para todos os efectos natureza e carácter xurídico-administrativo e as cuestións relativas ao seu cumprimento, interpretación, efectos e extinción serán competencia da orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Para que así conste e en proba de conformidade, asínano no lugar e na data indicados.

Cambados, 2 de marzo de 2016

Fátima Abal Roma
Alcaldesa