De conformidade co disposto no artigo 59.5 en relación co artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarios, despois de intentada a notificación persoal de acordo co disposto no citado artigo 59, sen que esta se puidese practicar, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.
Os actos foron adoptados polo xefe territorial da Coruña do Instituto Galego de Consumo.
A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2º andar, ala Norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 18 de abril de 2016
Zeltia Lado Lago
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/165/2015.
Interesada: Breogas Mantenimiento y Revisión, S.L.
CIF/NIF: B45807476.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: 15R002/168/2015.
Interesada: Breogas Mantenimiento y Revisión, S.L.
CIF/NIF: B45807476.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Expediente: 15R002/169/2015.
Interesada: Breogas Mantenimiento y Revisión, S.L.
CIF/NIF: B45807476.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.