Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 7 de maio de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo), promovido por Norvento, S.L.

Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),

RESOLVO:

Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 7 de maio de 2014, relativa ao proxecto do parque eólico Neda, nos concellos de Abadín e A Pastoriza (Lugo), promovido por Norvento, S.L., e que se poderá consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas