Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por María del Carmen López Maquieira.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ferrol tramítase o recurso 126/2016 (procedemento ordinario), interposto por María del Carmen López Maquieira, contra a desestimación do recurso de reposición interposto fronte á Resolución do 5 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías sanitarias (DOG núm. 111, do 15 de xuño).

Categoría: farmacéutico/a de atención primaria.

Acceso: selección temporal.

Ámbito: Área de Ferrol.

Epígrafes de «experiencia profesional» e «outras actividades».

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte, no citado xulgado, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos