Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15802

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto para a contratación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo.

Mediante a Resolución do 22 de febreiro, do xerente de Xestión Integrada da Coruña, declárase deserto o procedemento aberto cuxo obxecto é a contratación do servizo de cafetaría do Hospital Marítimo de Oza, do Hospital Abente y Lago e do Centro do Ventorrillo, dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (expediente AB-EIC1-15-005), por non se ter presentado ningunha proposta. O anuncio de licitación foi publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 237, do 14 de decembro de 2015.

O texto da resolución pode ser consultada no perfil do contratante do Servizo Galego de Saúde e na plataforma de contratación pública de Galicia.

A Coruña, 1 de marzo de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña