Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2016 Páx. 15770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Barreiros (expediente IN407A 2015/115-2, 8308 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Viesgo Distribución Eléctrica, S.L.

Domicilio social: Isabel Torres, 25, 39011 Santander.

Denominación: nova subestación Barreiros 132 kV.

Situación: concello de Barreiros.

A nova subestación estará formada por dous niveis de tensión.

Un sistema de alta tensión de 132 kV de intemperie en configuración de dobre barra, con cinco posicións de liña (Foz, Doiras, Mondoñedo-1, Mondoñedo-2 e Porzún) e unha posición de peche de barras. Empregase unha tecnoloxía mixta-híbrida (convencional e compacta) cunha tipoloxía de dobre barra con peche de barras no sistema de 132 kV.

Un sistema de 20 kV de interior en configuración simple barra, formado por tres celas (remonte, protección e medida) blindadas con illamento en SF6 para a medida e a proteción do transformador de servizos auxiliares, desde o cal se alimentará a instalación (a liña de media tensión a 20 kV que alimentará a SE non forma parte deste proxecto).

A composición de cada unha das posicions de liña está formada por:

Aparellaxe convencional.

– 3 transformadores de tensión en liña.

– 3 pararaios de óxido de cinc.

Equipamento compacto con illamento en SF6.

– 1 seccionador de liña tripolar con coitela de posta á terra motorizado.

– 3 transformadores de intensidade.

– 1 interruptor tripolar.

– 2 seccionadores de barras tripolares motorizados.

A composición da posición de peche de barras de 132 kV está formada por:

Equipamento compacto con illamento en SF6.

– 2 seccionadores tripolares con coitela de posta a terra motorizados.

– 3 transformadores de intensidade.

– 1 interruptor tripolar.

Medida de barras 132 kV.

Aparellaxe convencional.

– 3 trafos de tensión para medida en barras 1.

– 3 trafos de tensión para medida en barras 2.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 21 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo