Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15941

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade do Hospital Virxe da Xunqueira.

Convocada pola Resolución do 10 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro), a provisión de varios postos de supervisor/a de unidade do Hospital Virxe da Xunqueira, esta Xerencia de Xestión Integrada, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión de postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en uso das competencias atribuídas pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión de varios postos de supervisor/a de Unidade do Hospital Virxe da Xunqueira, convocados pola Resolución do 10 de decembro de 2015 (DOG núm. 247, do 29 de decembro).

Segundo. Nomear, para os postos indicados, as persoas relacionadas no anexo desta resolución.

Terceiro. Os/as aspirantes nomeados/as deberán cesar na praza que desempeñen dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

O prazo de toma de posesión e a súa prórroga terá a consideración de servizo activo percibíndose os correspondentes haberes de conformidade co que estableza a orde sobre confección de nóminas do persoal ao servizo da Administración autonómica.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Quinto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 12 de abril de 2016

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Farmacia, Formación e Calidade do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: Mónica Bergondo García.

DNI: *****221Z.

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Hospitalización A e paritorio do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: María José Ledo Fraga.

DNI: *****558G.

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Hospitalización B do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: Patricia Pazos Vilar.

DNI: ****725W.

Denominación do posto: supervisor/a de Unidade de Urxencias, Radioloxía e Laboratorio do Hospital Virxe da Xunqueira.

Nome e apelidos: Rubén Baldomar Obelleiro.

DNI: *****566L.

(*) Ocúltase parcialmente o número do documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro.