Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15847

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 13 de abril de 2016 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 304753.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións ( http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index ):

Primeiro. Beneficiarios

As confederacións e federacións de pais de alumnos e as asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Obxecto

As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como os derivados da xestión administrativa, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2016.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de abril de 2016 pola que se convocan axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2016.

Cuarto. Importe

Trinta (30) axudas cunha dotación total de 73.674,02 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria