Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15956

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1214/2015).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1214/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Abdoulaye Sarr contra Asociación Buesma Amistad sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión: que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Abdoulaye Sarr, contra a entidade Asociación Buesma Amistad, e en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que Abdoulaye Sarr foi obxecto con data do 27 de outubro de 2015, condenando a que a entidade Asociación Buesma Amistad, no prazo de cinco días desde a data de notificación da sentenza, opten entre a readmisión inmediata da demandante, nas mesmas condicións que rexían con anterioridade, con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento, ata a notificación desta resolución, que ascenden a 40,50 € diarios ou ben ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 2.338,95 €.

O aboamento da indemnización determinará a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo.

No suposto de non optar o empresario pola readmisión ou a indemnización, enténdese que procede a primeira.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por Abdoulaye Sarr contra Antonio F. Sánchez Iglesias, ao que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Asociación Buesma Amistad e Antonio F. Sánchez Iglesias, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza