Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2016 Páx. 15963

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (315/2012).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 315/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carlos Jiménez Díaz contra CTV, S.A., UNO TV, S.L., DUB Digital Audio, S.L., Cinemar Films, S.L., Editorial Compostela, S.A., Radio Televisión de Galicia, S.A., Filmanova, S.L., Studio XXI Producciones, S,L., Sodinor, S.A., Área 5.1 Factoría Audiovisual, S.L., Bren Entertainment, S.A., Sonorización Noroeste, S.A., Estudio Uno de Doblaje, S.A., Intereuropa TV, S.A., Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A., Dobleson, S.L., Televisión de Galicia, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Video Galicia, S.A. sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa resolución di así:

«Resolución.

Que estimando parcialmente a demanda interposta por Carlos Jiménez Díaz contra Televisión de Galicia, S.A.; Radio-Televisión de Galicia, S.A., Editorial Compostela S.A.; Studio XXI Producciones, S.L.; Sodinor, S.A.; CTV, S.A.; Área 51 Factoría Audiovisual, S.L.; Filmanova, S.L.; Uno TV, S.L.; Dub Digital Audio, S.L.; Cinemar Films, S.L.; Bren Entertaiment, S.A.; Sonorización Noroeste, S.A.; Estudio Uno de Doblaje, S.A.; Intereuropa TV, S.A.; Video Galicia, S.A.; Best Digital, S.A.; Voces Meigas, S.A.; e Dobleson, S.L., debo condenar e condeno a Televisión de Galicia, S.A, a abonarlle ao demandante a suma de 2.575,29 euros en concepto de diferenzas salariais e en concepto de complemento de capacitación e permanencia correspondentes aos meses de marzo, abril e maio de 2011, cantidade que se verá incrementada cos xuros do artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e cos do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución ata o completo pagamento; e debo condenar e condeno ás restantes codemandadas a aterse á dita declaración.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que é firme e fronte a ela non cabe recurso.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Best Digital, S.A., Voces Meigas, S.A. e Dobleson, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza