Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16082

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 8 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente PN-PO-2014/43-INCU e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos procedementos PN-PO-2014/43-INCU e tres máis.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, situadas na rúa San Lázaro, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2016

Ana Mª Díaz López
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: PN-PO-2014/43-INCU.

Interesada: Naviera Rías Gallegas, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Virxilio Blanco, 2, 3º A, 36003 Pontevedra.

Expediente: PN-PO-2014/48-INCU.

Interesada: Naviera Rías Gallegas, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Virxilio Blanco, 2, 3º A, 36003 Pontevedra.

Expediente: PN-PO-2014/53-INCU.

Interesada: Naviera Rías Gallegas, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Virxilio Blanco, 2, 3º A, 36003 Pontevedra.

Expediente: PN-PO-2014/58-INCU.

Interesada: Naviera Rías Gallegas, S.L.

Acto de notificación: resolución do procedemento.

Último enderezo conocido: Virxilio Blanco, 2, 3º A, 36003 Pontevedra.