Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16179

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Redondela

ANUNCIO das bases específicas da oferta pública de emprego de 2013.

A modificación das bases xerais que regulan a convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes de persoal funcionario e laboral no Concello de Redondela e as bases específicas das seguintes prazas publicáronse integramente no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, número 77, do 22 de abril de 2016:

Persoal funcionario:

– 1 praza de oficial carpinteiro/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, e integrada no grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.

– 1 praza de auxiliar administrativo/a (a tempo parcial), encadrada na escala de Administración xeral, subescala auxiliar, e integrada no grupo C, subgrupo C2, por oposición libre.

Persoal laboral fixo:

– 1 praza de técnico/a da muller, equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por oposición libre.

– 1 praza de técnico/a de normalización lingüística, equiparada ao subgrupo A2 da función pública, por oposición libre.

– 1 praza de oficial de medio ambiente, equiparada ao subgrupo C2 da función pública, por oposición libre.

– 1 praza de operario/a de limpeza, equiparada ao grupo doutras agrupacións profesionais sen requisito de titulación da función pública, por oposición libre.

Redondela, 22 de abril de 2016

Javier Bas Corugeira
Alcalde