Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 2 de maio de 2016 Páx. 16152

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2016 pola que se anuncia a formalización do servizo consistente na evolución e actualización continua do sistema de facturación (SEF) que constitúe o punto xeral de entrada de facturas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Número do expediente: 2016-004.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo consistente na evolución e actualización continua do sistema de facturación (SEF) que constitúe o punto xeral de entrada de facturas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) CPV: 72514200-3.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 2.2.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 198.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 198.000,00 euros.

b) Importe total: 239.580,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 109.807,50 euros.

Exercicio 2017: 109.807,50 euros.

Exercicio 2018: 19.965,00 euros.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11.4.2016.

b) Data de formalización do contrato: 15.4.2016.

c) Contratista: Atos Spain, S.A.

d) Importe ou canon de adxudicación: importe neto: 177.012,00 euros. Importe total: 214.184,52 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2016: 98.167,91 euros.

Exercicio 2017: 98.167,90 euros.

Exercicio 2018: 17.848,71 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2016

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable