Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16451

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica de modificación número 1 ao proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín, no concello de Monforte de Lemos (expediente 002/2016 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) en relación co título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na citada Lei 24/2013 sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, así como a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: modificado núm. 1 ao proxecto para desdobramento actual LMT MOF805/nova saída subestación Monforte-centro de repartición Morín.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle-Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

1. LMT soterrada a 20 kV con orixe nun paso aéreo a soterrado sobre celosía metálica proxectada (C-16/4500) D36-31 e final no centro de repartición proxectado Morín, cunha lonxitude de 35 metros en condutor tipo RHZ-240.

2. LMT soterrada a 20 kV con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso a rede proxectado coa LMT soterrada existente cara o CT existente Guntiar, cunha lonxitude de 11 metros en condutor tipo RHZ-240.

3. LMT soterrada a 20 kV con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final en conexión en punto de acceso a rede existente coa LMT soterrada existente MOF810, cunha lonxitude de 161 metros en condutor tipo RHZ-240.

4. Centro de repartición prefabricado Morín, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V no cal se instalan tres celas de liña e unha de protección.

5. RBT soterrada con orixe no centro de repartición proxectado Morín e final nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de repartición proxectado Morín, cunha lonxitude de 286 metros en condutor tipo XZ1.

6. RBT aérea con orixe nun paso aéreo a soterrado da RBT do centro de repartición proxectado Morín e final en conexións coa RBT aérea existente, cunha lonxitude de 42 metros en condutor tipo RZ.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo, ronda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 12 de abril de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Parc. nº

Ref. catastral

Lugar

Propietario

Afección

Cultivo

Nome, apelidos e enderezo

Apoio

CT Caseta

Sup. ocupada m2

Pleno dominio m2

Sup. afectada m2

1

2605012PH2120N

Prado

Ranverde

Hrdos. de Luis Barreira Pérez

rpta. José Luis Valcarce López e Teresa Rodríguez Pérez.

Avda. Alfonso Rguez. Castelao, 1, 2º A,

32004 Ourense

1

4

34