Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 3 de maio de 2016 Páx. 16506

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación para o balizamento das praias deste concello.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de balizamento das praias do Concello de Sanxenxo, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de balizamento das praias do Concello de Sanxenxo.

2. Duración do contrato: anual do 2 de xuño de 2016 ao 2 de xuño de 2017, coa posibilidade de dúas prórrogas dun (1) ano cada unha. A primeira do 2 de xuño de 2017 ao 2 de xuño de 2018 e a segunda do 2 de xuño de 2018 ao 2 de xuño de 2019.

3. Orzamento máximo de licitación: 66.115,70 €/ano, sen incluír o imposto sobre o valor engadido (en diante, IVE), o IVE ascende a 13.884,30 €/ano e o orzamento máximo de licitación, co IVE é de 80.000,00 €/ano.

4. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (cun único criterio de valoración, o prezo).

5. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas dentro do prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do Concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado, ampliarase ao día seguinte hábil que non sexa sábado.

6. Criterio de adxudicación: será o sinalado na cláusula 9 dos pregos respectivos:

– Prezo máis baixo: expresarase nunha cantidade que non poderá superar o orzamento máximo de licitación anual, co IVE 80.000,00 €/ano.

7. Mesa de contratación: constituirase de acordo co sinalado nas cláusulas 10 e 11 dos pregos respectivos.

8. Clasificación: non se exixe.

9. Solvencias.

a) Solvencia económica e financiera: acreditarase mediante o volume anual de negocios, referido ao ano de maior volume dentro dos tres (3) últimos exercicios, por importe igual ou superior á 82.644,63 €/ano sen IVE. Para estes efectos, o licitador proposto para a adxudicación presentará copia das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario está inscrito no dito rexistro, e no caso contrario polas depositadas no rexistro oficial no que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume anual de negocios mediante os seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo rexistro mercantil. Non será necesario acreditar esta solvencia se o licitador esta inscrito no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas do Estado ou no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Solvencia técnica e profesional: acreditarase mediante a presentación polo licitador proposto para a adxudicación, dunha relación dos traballos efectuados no curso dos últimos cinco (5) anos anteriores á data finalización do prazo de presentación de ofertas desta licitación, avalados por certificados de boa execucuión, sempre cos requisitos mínimo de que o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao anualidade media deste contrato (66.115,70 euros) sen IVE. Para os efectos de determinar a correspondencia entre os servizos acreditados e os que constitúen obxecto do contrato, tomarase como criterio a igualdade entre os dous primeiros díxitos do CPV (63, xa que o CPV é 63724310-6), ao non existir clasificación aplicable a este último no anexo II do Real decreto 773/2015.

10. Garantía definitiva: do 5 % do importe total (prórrogas incluídas) da adxudicación, excluído o IVE.

11. Entidade e información: Concello de Sanxenxo, Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75. A documentación recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web www.sanxenxo.es perfil de contratante.

Sanxenxo, 7 de abril de 2016

Gonzalo Gonzalo Pita
Alcalde