Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16599

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 12 de abril de 2016 pola que se convocan os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía e escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Mediante Decreto 154/2014, do 11 de decembro, aprobouse a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014. Nesta oferta incluíanse prazas do corpo facultativo superior de administración especial da Xunta de Galicia das escalas de químicos, enxeñeiros industriais e biólogos.

O 4 de maio de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia, cuxa disposición adicional novena declara extinguidas coa súa entrada en vigor as escalas de químicos, enxeñeiros industriais e biólogos. De acordo coa dita disposición, o persoal funcionario pertencente á escala de enxeñeiros industriais intégrase na nova escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñeiros industriais, do corpo facultativo superior da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e o persoal funcionario pertencente ás escalas de químicos e biólogos intégrase na escala de ciencias do mesmo corpo nas especialidades de química e bioloxía.

De acordo co anterior, os procesos selectivos derivados da oferta de emprego público para o ano 2014 convócanse para o ingreso na escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía e na escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 239, do 15 de decembro) esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar os procesos selectivos para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía e escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto dos procesos selectivos será cubrir as prazas das escalas do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, que se sinalan no anexo I desta orde, polas quendas de promoción interna e acceso libre. O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. O número de vacantes reservadas a cada quenda reflíctense no dito anexo I.

As prazas reservadas ao sistema de promoción interna que non se cubran acumularanse á quenda de acceso libre.

I.1.2. De conformidade co Decreto 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014, do total de prazas convocadas reservaranse para seren cubertas por persoas con discapacidade cun grao de minusvalidez igual ou superior ao 33 % o número de prazas sinalado para cada escala no anexo I.

Esta cota de reserva aplicarase ao sistema de acceso libre.

Se algún/algunha aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluído/a pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás dúas quendas, no que se refire ás relacións de admitidos/as e excluídos/as, aos chamamentos aos exercicios e á relación de aprobados/as. Non obstante, ao finalizar o proceso, elaborarase unha relación única en que se incluirán todos/as os/as candidatos/as que superasen todas as probas selectivas, ordenados/as pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participasen.

I.1.3 Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas: acceso libre, promoción interna e discapacidade. Se da instancia que presenten non se deduce a súa opción, serán excluídos/as nas listas provisionais que se publiquen. De non emendar o defecto na solicitude, quedarán definitivamente excluídos. No seu caso, as aclaracións ou correccións respecto ao cambio de quenda deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de admitidos.

I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralles aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP), a LEPG e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos dos/das candidatos/as.

Para seren admitidos/as aos procesos selectivos os/as aspirantes deberán posuír no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes e manter ata o momento da toma de posesión como funcionarios/as de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Para promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título que para cada escala se sinala no anexo II.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como funcionario/a de carreira a algún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Xunta de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio).

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos na condición de persoal funcionario/a nalgún dos corpos ou escalas integrados no actual subgrupo A2 da Xunta de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio) desde o que participen, durante polo menos dous anos, computados desde o ingreso ou desde a integración nel.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais e de excedencia para o coidado de familiares (artigo 167 e 176 da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2. Para acceso libre.

I.2.2.1. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, lles sexa aplicable a libre circulación de traballadoras/es.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar as/os seus/súas descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.2. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder, de ser o caso, a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título que para cada escala se sinala no anexo II.

Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, os aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacitados terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

I.2.3. Non poderán participar nos procesos selectivos as persoas que xa pertencen ás respectivas especialidades das escalas de funcionarios obxecto desta convocatoria.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado gratuitamente na internet e aboar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte días naturais, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

1) Forma de cubrir a solicitude:

O modelo de solicitude estará á disposición de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», en dúas modalidades, segundo se dispoña ou non de certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT) ou DNI electrónico.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as/os solicitantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e, posteriormente, validalos e confirmalos.

As/os aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, a que se refire a base I.1.2, deberán indicalo expresamente na solicitude, e especificar o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente. Estes aspirantes poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, todo isto conforme o contido na LEPG, no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, e no Decreto 154/2014, do 11 de decembro, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Os/as solicitantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia debidamente compulsada do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

2) Forma de aboar as taxas:

Unha vez confirmada a alta da solicitude, a/o solicitante, segundo estea ou non nos supostos previstos, deberá seguir os seguintes pasos:

• Exenta/o de pagamento: de acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentos do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Unha vez elixida esta opción, a/o solicitante poderá imprimir a solicitude cuberta e deberá presentar, antes do remate do prazo fixado, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

Discapacitados:

– Certificado de discapacidade.

Familia numerosa ordinaria ou especial:

– Certificado de familia numerosa de carácter ordinario ou especial ou carné familiar en

que conste o dito carácter.

Demandantes de emprego:

– Certificación expedida pola oficina de emprego en que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego desde polo menos seis meses antes á data da convocatoria.

– Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal en que conste que non está a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

A dita documentación deberá ser presentada nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC).

Nestes supostos, considerarase como data válida a de presentación dentro do prazo da documentación sinalada para acreditar a exención do pagamento.

• Non exenta/o de pagamento: a/o solicitante poderá realizar o pagamento dun dos seguintes xeitos:

Pagamento presencial:

– Deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo AI) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Pagamento electrónico:

Sen certificado dixital:

– Deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e, nese momento, obterá o xustificante 730 correspondente.

Con certificado dixital:

– Poderán realizar o pagamento con cargo á conta do/da titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Tanto no caso do pagamento presencial como no caso do pagamento electrónico, considerarase como data válida de presentación da solicitude a de realización da operación de ingreso da taxa, sen que sexa necesario presentar ningún dos documentos xerados nos lugares previstos no artigo 38 da LRX-PAC.

Para a devolución da taxa aboada os/as solicitantes deberán figurar como excluídos/as nas listaxes definitivas e seguir o procedemento que se sinale na resolución pola que se aproben.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso dos solicitantes admitidos provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as/os solicitantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático Cixtec no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres, e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a/o titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de aspirantes admitidas/os e excluídas/os a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e número do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan e do lugar en que se atoparán expostas.

I.4.2. As/os aspirantes excluídas/os disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da dita resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de aspirantes admitidas/os e excluídas/os. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O feito de figurar na relación de admitidas/os non prexulgará que se lles recoñeza aos/ás aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar a oposición se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que puideren derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

Os programas que rexerán as probas selectivas son os que figuran como anexo III desta orde. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que no momento de publicación no DOG do nomeamento do tribunal do proceso conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento vinte (120) preguntas tipo test, máis cinco (5) preguntas de reserva, con catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta, correspondentes á parte común e específica da respectiva especialidade e escala.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número de temas que integran o programa.

Os/as aspirantes procedentes da quenda de promoción interna estarán exentos neste exercicio da parte común do programa.

O exercicio terá unha duración máxima de dúas (2) horas.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no mesmo lugar en que se realizou e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o número de respostas correctas exixido para acadar esta puntuación mínima, para o cal terá en conta que por cada tres (3) respostas incorrectas se descontará unha correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non será anterior ao 15 de outubro de 2016.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

Os/as aspirantes deberán realizar por escrito un suposto práctico de desenvolvemento que elixirán entre dous (2) propostos polo tribunal sobre os temas que integran a parte específica do programa.

Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios. En relación con estes, admitiranse as súas versións consolidadas, aquelas nas cales figuren notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Así mesmo, estará expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio, os membros do tribunal e o persoal colaborador poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido no parágrafo anterior. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

O exercicio terá unha duración máxima de tres (3) horas.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes ao remate do exercicio publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal o suposto práctico en que consistía o exercicio.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

Os aspirantes deberán desenvolver por escrito tres (3) temas, que elixirán entre seis (6), obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman a parte específica do programa.

O exercicio terá unha duración máxima de catro (4) horas e media.

O exercicio cualificarase de 0 a 20 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de 10 puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para obter esta puntuación mínima.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.4. Cuarto exercicio, que constará de dúas probas:

Primeira: tradución dun texto do castelán para o galego proposto polo tribunal.

Segunda: tradución dun texto do galego para o castelán proposto polo tribunal.

O exercicio terá unha duración máxima de unha (1) hora.

O exercicio valorarase como apto ou non apto e para superalo será necesario obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar o resultado de apto.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de corenta e oito (48) horas desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

Estarán exentos de realizar este exercicio os/as aspirantes que acrediten que dentro do prazo sinalado para presentar a solicitude para participar no proceso selectivo posuían o Celga 4 ou o equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo).

Os documentos que xustifiquen a exención (orixinais ou fotocopias compulsadas) deberán ser presentados polos aspirantes que superen o segundo exercicio no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións dese exercicio.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das/dos opositoras/es iniciarase alfabeticamente polo/a primeiro/a da letra «B», de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 29 de xaneiro de 2014 (DOG nº 27, do 10 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado segundo o disposto na Resolución da mesma consellería do 13 de xaneiro de 2014 (DOG nº 15, do 23 de xaneiro), ao tratarse dunha convocatoria correspondente á oferta de emprego público para o ano 2014.

II.1.2.2. Os/as aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou outro documento fidedigno que, a xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a dos/das aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradores.

II.1.2.4. En calquera momento os/as aspirantes poderán ser requiridos/as polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que os/as aspirantes que non comparezan serán excluídos/as.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame e implicará o consentimento da interesada para permitir o acceso do tribunal ou do órgano convocante aos datos médicos necesarios relacionados coa súa situación.

O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que os/as interesados/as poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas, publicarao no DOG.

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polos/as aspirantes nos exercicios da oposición publicaranse no lugar onde se realizou a proba de que se trate e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde a publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha/algún aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que o/a aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo e o órgano convocante publicará a orde que corresponda.

II.2. A orde de prelación dos aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da fase de oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias dos/das seleccionados/as antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos dos/das aspirantes que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeados/as funcionarios/as.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por orde da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

III.2. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 28 da LRX-PAC ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 11 de abril de 2007, e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

O/A presidente/a deberá solicitar aos membros do tribunal e, de ser o caso, ás/aos asesores/as especialistas previstos na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas nos termos establecidos no artigo 29 da LRX-PAC.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a orde correspondente pola que se nomeen os novos membros do tribunal que substituirán os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles a partir da publicación do nomeamento do tribunal no DOG.

Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso do/da presidente/a e do/da secretario/a.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na LRX-PAC, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura do/da secretario/a e o visto e prace do/da presidente/a.

III.8. O/A presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/das aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas/es candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do/da opositor/a.

As decisións e acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade dos opositores aos cales corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as valoracións que xulgue pertinentes. Estes/as asesores/as deberán limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que os/as aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que os/as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3. as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se, durante a realización das probas, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade do/da aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ao que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1. implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superaron o proceso selectivo un número superior de aspirantes ao de prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados/as que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 114 e 115 da LRX-PAC.

III.14. As comunicacións que formulen os/as aspirantes ao tribunal dirixiranse á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de aprobados/as, presentación de documentación e nomeamento de funcionarios/as de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes da escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía, nas cales non existe infrarrepresentación feminina, acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes na escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría industrial, na cal existe infrarrepresentación feminina, acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Criterio de desempate recollido no artigo 49 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, segundo o cal o empate se resolverá a favor da muller.

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre os implicados.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como funcionarios/as.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de aprobados/as, estes/as disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para a presentación dos seguintes documentos:

A) Fotocopia cotexada do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

B) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separado ou inhabilitado, nin pertencer ao mesmo corpo.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitado/a ou en situación equivalente, nin ter sido sometido/a a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo VI a esta convocatoria.

C) Informe sobre o estado de saúde que acredite que o/a aspirante non padece enfermidade nin está afectado/a por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

D) Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A Consellería competente en materia de función pública solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que os/as aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

IV.3. Os que tivesen a condición de funcionarios de carreira da Administración da Xunta de Galicia estarán exentos de xustificar documentalmente as condicións e demais requisitos xa probados para obter o seu anterior nomeamento.

Deberán presentar certificación do servizo de persoal da consellería ou organismo de que dependesen para acreditar tal condición.

IV.4. Os/as que, dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2. non poderán ser nomeados/as funcionarios/as e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.5. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, os/as aspirantes serán nomeados/as funcionarios/as de carreira mediante unha orde do/da conselleiro/a competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.6. Unha vez publicado o nomeamento, se os/as nomeados/as funcionarios/as estivesen participando no proceso extraordinario de consolidación para o ingreso na mesma escala e especialidade, serán excluídos deste último. A orde que acorde a exclusión publicarase no DOG.

IV.7. A adxudicación das prazas ás/aos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Os/as aspirantes que ingresen pola quenda de promoción interna terán preferencia sobre os/as da quenda de acceso libre para cubrir as vacantes correspondentes, de acordo co disposto no artigo 22.2 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna.

No sistema de promoción interna, os aspirantes que superen o presente proceso selectivo tomarán posesión da praza que viñesen desempeñando con carácter definitivo, cando esta, de conformidade cos requisitos exixidos nas relacións de postos de traballo, poida ser desempeñada por funcionarios/as pertencentes aos corpos ou escalas a que accedan, de acordo co disposto no artigo 80 da LEPG.

IV.8. A toma de posesión das/dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta orde pon fin á vía administrativa e contra ela os/as interesados/as poderán presentar recurso potestativo de reposición ante o/a conselleiro/a competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na LRX-PAC, ou impugnala directamente ante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO I
Prazas

Escala

Especialidade

P. interna

A. libre

Discapacitados

Total

Ciencias

Química

1

1

0

2

Ciencias

Bioloxía

3

6

2

11

Enxeñeiros

Enxeñaría Industrial

2

2

0

4

ANEXO II
Títulos exixidos

Escala

Especialidade

Titulación universitaria

Ciencias

Química

Licenciado/a en Química, enxeñeiro químico ou graduado nunha titulación equivalente da rama de ciencias (disposicións adicionais 9ª e 10ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia)

Ciencias

Bioloxía

Licenciado/a en Bioloxía ou graduado nunha titulación equivalente da rama de ciencias (disposicións adicionais 9ª e 10ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia)

Enxeñeiros

Enxeñaría Industrial

Enxeñeiro/a industrial ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro industrial (disposición adicional 9ª da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia)

ANEXO III

Programas que rexerán as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidades de química e bioloxía e escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría industrial.

Parte común ás tres escalas.

1. A Constitución española de 1978: estrutura e contido. Os valores superiores. Os principios constitucionais. Dereitos fundamentais e liberdades públicas, a súa garantía e a suspensión.

2. A organización territorial do Estado. Organización constitucional do sistema autonómico. Distribución constitucional de competencias entre o Estado e as comunidades autónomas. A Administración local.

3. O Estatuto de autonomía de Galicia: estrutura e contido. As competencias da Comunidade Autónoma de Galicia: exclusivas, concorrentes e de execución da lexislación do Estado.

4. A organización institucional da Comunidade Autónoma de Galicia. O Parlamento. A Xunta e o seu presidente. A Administración de xustiza en Galicia.

5. A Administración autonómica. A organización da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia. Entidades instrumentais do sector público autonómico.

6. O ordenamento xurídico da Unión europea. Eficacia directa e primacía do dereito comunitario. Dereito orixinario e derivado. As institucións da Unión Europea. Composición e atribucións. As competencias da Unión Europea.

7. O dereito administrativo. As fontes do dereito administrativo. O acto administrativo. Revisión dos actos administrativos. Recursos contra os actos administrativos. O procedemento administrativo común: fases.

8. Dereitos dos cidadáns nas súas relacións coas administracións públicas. A información e a atención ao cidadán na Comunidade Autónoma de Galicia. A transparencia na actividade administrativa.

9. O acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos. Normativa de aplicación na Comunidade Autónoma de Galicia. Sede electrónica. Identificación e autentificación. Rexistros, comunicacións e notificacións electrónicas. A xestión electrónica dos procedementos.

10. A responsabilidade patrimonial da Administración. O réxime xurídico no sistema español. Responsabilidade de autoridades e funcionarios. Responsabilidade das administracións públicas por actos dos seus concesionarios e contratistas.

11. Os contratos do sector público. Obxecto e ámbito de aplicación. Elementos. Clases. Preparación, adxudicación e formalización. Execución e modificación. Extinción.

12. As subvencións. Réxime xurídico das subvencións na Administración da Xunta de Galicia: concepto. Partes na relación subvencionable. Establecemento. Procedemento de concesión, xestión e xustificación. Causas de reintegro.

13. A Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia: principios xerais. O orzamento da Comunidade Autónoma de Galicia: contido, estrutura, elaboración e aprobación. Fases da execución.

14. O persoal ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia: clases e normativa de aplicación. Adquisición e perda da relación de servizo. Réxime disciplinario. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos. Situacións administrativas. Réxime de incompatibilidades.

15. A protección de datos de carácter persoal. Normativa reguladora. Principios informadores e dereitos das persoas en materia de protección de datos. Ficheiros de titularidade pública. Réxime sancionador.

16. Políticas de igualdade de xénero. Disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: disposicións xerais. A transversalidade. A erradicación do uso sexista da linguaxe. As condicións de emprego en igualdade na Administración pública galega. Medidas de conciliación e corresponsabilidade no emprego público. Políticas contra a violencia de xénero. A Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero: medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero.

17. Discapacidade. A definición de discapacidade segundo a Organización Mundial da Saúde. O Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: consideración de persoa con discapacidade. Dereitos. Especial consideración do dereito á vida independente de participación en asuntos públicos. Igualdade de oportunidades e non discriminación.

Parte específica da escala de ciencias, especialidade en química.

1. Análise volumétrica. Volumetrías ácido-base. Volumetrías redox. Volumetrías de precipitación. Volumetrías de formación de complexos.

2. Gravimetrías. Potenciometrías e condutimetrías. Fundamentos, equipamentos e aplicacións. Electrofórese. Fundamentos, equipamentos e aplicacións.

3. Cromatografía de gases. Principios de operación. Compoñentes básicos. Inxectores: tipos. Columnas: tipos, características, instalación e mantemento. Detectores (MS, FID, TCD, ECD, PID).

4. Cromatografía de líquidos. Principios de operación. Compoñentes básicos. Bombas: tipos. Sistemas de mestura. Inxectores: tipos. Columnas: tipos, características, instalación e mantemento. Detectores (UV-VIS, Fotodiodos, FL, IR, Condutividade, Electroquímico, MS). Fontes de ionización en HPLC-MS. Principios de supresión en cromatografía iónica.

5. Técnicas espectrométricas: espectrometría de infravermellos, visible e ultravioleta. Fundamento, equipamentos e aplicacións.

6. Espectrometría de absorción e emisión atómica. Chama. Cámara de grafito. Xerador de hidruros. Principios de operación e compoñentes básicos de cada un dos sistemas.

7. Espectrometría de plasma de acoplamento indutivo (ICP-AES e ICP-MS). Principios de operación. Sistemas de introdución de mostra: tipos de nebulizadores, tipos de cámaras de nebulización. Características dun plasma, o facho. Interfase e óptica: xeneralidades. Detectores: tipos. Interferencias en ICP-AES e ICP-MS: tipos, tratamento.

8. Métodos analíticos baseados en inmunoanálises. Fundamento. Tipos. Compoñentes básicos dos equipos. Aplicacións.

9. Sistema de calidade baseado na norma UNE-EN ISO/IEC 17025: manual de calidade, control de cambios, cualificación do persoal, calibración, control e mantementos de equipamentos, inventarios e fichas de equipo, auditorías, accións correctivas e preventivas, rastrexabilidade, informes de ensaio.

10. Sistema de calidade baseado na norma UNE-EN ISO/IEC 17025: métodos de ensaio e calibración, validación de métodos, control de calidade, precisión e exactitude, reproducibilidade e repetibilidade, límites de confianza, cálculo de incertezas, patróns e materiais de referencia, ensaios interlaboratorio.

11. Regulamentos REACH e CLP: características de perigo dos produtos químicos, criterios de clasificación de substancias e mesturas químicas, mecanismos de información: etiquetas, fichas de datos de seguridade; restricións de fabricación, comercialización e uso de substancias perigosas.

12. Toxicoloxía industrial: criterios de valoración de axentes químicos. Valores límites ambientais (VLA): definición e directrices para a avaliación da exposición por inhalación de axentes químicos. Valoración por comparación co VLA de exposición diaria VLA-ED e de exposicións curtas VLA-EC. Medicións periódicas de control. Valores límites biolóxicos (VLB): definición, características e métodos de control.

13. O Real decreto 374/2001 sobre riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo: avaliación dos riscos, medidas de prevención xerais e específicas, medidas para adoptar fronte a accidentes, incidentes e emerxencias. Real decreto 665/1997 sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos e mutáxenos durante o traballo: identificación e avaliación da exposición a carcinóxenos, prevención e redución da exposición.

14. Laboratorios químicos: riscos específicos hixiénicos e de seguridade. Consideracións relativas á estrutura, deseño e distribución dos laboratorios. Consideracións sobre seguridade relativas a instalacións e aparellos. Consideracións sobre operacións comúns. Equipos de seguridade: elementos de protección e de actuación. Xestión dos residuos no laboratorio: normas xerais de manipulación de residuos, programa de xestión de residuos no laboratorio: sistema de recollida; clasificación e eliminación de residuos; envasado e etiquetaxe; almacenamento temporal.

15. Control das exposicións a riscos químicos (hixiénicos e de seguridade). Técnicas xerais. Accións de control técnicas. Accións de control organizativas. Priorización do control de riscos. Accións sobre o axente. Accións sobre o proceso. Accións no local de traballo. Accións nos métodos de traballo.

16. Avaliación e control de riscos químicos (hixiénicos e de seguridade) de carácter específico: clasificación de áreas e medidas de control de atmosferas explosivas. Documento de seguridade en atmosferas explosivas. Riscos químicos no manexo de fertilizantes. Riscos toxicolóxicos dos principais grupos de praguicidas. Riscos específicos nas operacións en viveiros e invernadoiros.

17. Toma de mostras para análise química: importancia nos resultados das análises. Representatividade das mostras. Distintos procedementos de toma de mostras. Conservación e preparación de mostras para análise química. Homoxeneización e redución do tamaño da mostra. Conservación dos diferentes tipos de mostras segundo as determinacións que se van realizar.

18. Análise química dos diferentes tipos de forraxes: determinación do valor nutritivo. Estado de conservación dos ensilados: determinacións analíticas para a súa avaliación.

19. Composición química dos pensos. Análises básicas para a determinación do seu valor nutritivo. Outros compoñentes: hidratos de carbono, fósforo, calcio, cobre, urea, cloruros. Fundamentos dos métodos de análise. Análise micrográfica. Compoñentes tóxicos en pensos: fundamentos dos métodos de análise de aflatoxinas, nitratos, nitritos, metais pesados e arsénico.

20. Aceites e graxas. Parámetros determinantes da calidade e pureza. Fundamentos ou principios dos métodos físico-químicos para a identificación dos aceites e os seus compoñentes máis importantes.

21. Carnes e produtos cárnicos. Fundamentos ou principios dos métodos de análises químicos dos parámetros máis importantes.

22. Produtos en conserva: conservas e semiconservas de peixe, conservas vexetais. Fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-químicos dos parámetros máis importantes.

23. O viño: automatización da análise de viños-Analizadores FTIR. Constitución ácida e glucídica das uvas e dos viños e o seu análise. Compostos fenólicos das uvas e dos viños e principios das análises. Compoñentes volátiles das uvas e dos viños e o seu análise. Composición mineral dos viños e a súa análise.

24. Os destilados: normativa relativa á súa definición (Regulamento CE 110/2008). Composición química dos augardentes. Fundamentos das análises de augardentes (OIV, CE).

25. Cervexas: tipoloxías e características principais. Fundamentos das análises máis características. Vinagres: tipoloxías e características principais. Determinacións máis características.

26. Directiva marco da auga: calidade das augas. Estado químico e estado ecolóxico das augas. Analíticas a efectuar para definir o estado ecolóxico das augas.

27. Análises de augas superficiais e subterráneas. Calidade das augas superficiais. Indicadores de calidade para a clasificación e seguimento do estado. Redes de control e seguimento. Requirimentos de calidade analítica.

28. Analítica de augas residuais e industrias de vertedura ao dominio público hidráulico (DPH) e ao dominio público marítimo (DPM). Parámetros característicos de vertedura e valores límites de vertedura. Obxectivos de calidade do medio receptor.

29. Analítica de solos contaminados, de tecnosolos e de lodos de EDAR. Analitos para ter en conta; fundamentos dos métodos de análises.

30. Leite e produtos lácteos. Composición. Tipos. Fundamentos ou principios dos métodos de análises químico, dos principais compoñentes.

31. Análises de produtos fitosanitarios. Concepto. Clasificación. Persistencia e toxicidade. Efectos sobre a saúde humana e o medio. Plans de control de residuos de produtos fitosanitarios. Problemática xeral da análise de residuos de pesticidas. Métodos de preparación de mostras e análises.

32. O solo: textura e estrutura, o pH, a acidez e as necesidades de cal, o complexo de cambio, nutrientes principais no solo, relación C/N, materia orgánica, utilización das análises de solo para a determinación da fertilidade.

33. Fundamentos ou principios dos métodos de análise de solo: textura, densidade, humidade, pH, condutividade eléctrica, carbono, nitróxeno, (Ca, Mg, Na e K asimilables), oligoelementos, fósforo asimilable, acidez do solo, materia orgánica, carbonatos, análise foliar para a determinación da fertilidade.

34. Fertilizantes inorgánicos e emendas. Real decreto 506/2013 sobre produtos fertilizantes e Regulamento (CE) 2003/2003 relativo aos fertilizantes: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

35. Fertilizantes orgánicos e órgano-minerais. Real decreto 506/2013 sobre produtos fertilizantes: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

36. Substratos. Real decreto 865/2010, do 2 de xullo, sobre substratos de cultivo: definicións, fundamentos da súa clasificación, fundamentos ou principios dos métodos de análise físico-química.

37. Distribución de competencias en materia de augas na Comunidade Autónoma de Galicia. Competencias en materia de abastecemento, saneamento e depuración de augas residuais. Demarcacións hidrográficas de Galicia. Plan hidrolóxico Galicia-Costa.

38. Tratamento de augas residuais: pretratamento, tratamento primario, tratamento secundario, tratamento terciario. Tratamento dos lodos de depuración das aguas residuais urbanas e de industrias agroalimentarias. Usos destes lodos.

39. Lei 1/1995 de protección ambiental de Galicia: a inspección ambiental. As avaliacións de impacto ambiental e de plans e programas. Lei 9/2013 de emprendemento e de competitividade económica de Galicia: avaliación ambiental de actividades.

40. A prevención e control integrado da contaminación: a Lei 6/1992 e a Lei 5/2013. Actividades que están suxeitas a este procedemento; a autorización ambiental integrada; os valores límites de emisión (VLE); as mellores técnicas dispoñibles; a información e sistemas de comunicación das actividades IPPC; o control ambiental destas instalacións IPPC. O rexistro europeo PRTR.

41. Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados. Diferentes tipos de residuos. A xerarquía dos residuos. Tratamentos. Subprodutos. Códigos LER. Produtores e xestores. A rastrexabilidade dos residuos. Traslados. Autorizacións administrativas.

42. Calidade dos solos e das augas subterráneas. Redes de control e seguimento. Declaración de solos contaminados. Actividades potencialmente contaminantes de solos. Técnicas de descontaminación e recuperación de solos contaminados.

43. Calidade do aire. Redes de control de calidade do aire. Equipamentos automáticos de medida de contaminantes no aire ambiente. Toma de mostras e caracterización da composición do material particulado do aire ambiente.

44. Actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera: rexistro destas actividades en Galicia: Regade-Capca. Control de emisións á atmosfera. Sistemas automáticos de medida de contaminantes nos focos emisores á atmosfera. Avaliación do cumprimento dos valores límite de emisión.

45. A responsabilidade ambiental. Operadores afectados pola normativa de responsabilidade ambiental. A garantía financeira obrigatoria. Análises de riscos ambientais. Dano significativo ambiental: formas de avaliación. Medidas reparadoras primarias; medidas compensatorias e medidas complementarias.

46. Riscos industriais no sector químico: normativa europea (Directiva Seveso), española e galega aplicable. Directriz básica de risco químico. Os plans de emerxencia exterior: a súa estrutura e empresas afectadas en Galicia.

Parte específica da escala de ciencias, especialidade en bioloxía.

Tema 1. Medio físico e bioxeográfico de Galicia.

Tema 2. Métodos de seguimento das poboacións de fauna e flora. Mostraxes de especies marisqueiras e de recursos ícticos. Dinámica de poboacións: definición de poboación, parámetros poboacionais.

Tema 3. A Rede Natura 2000 (en Galicia): definición, procedementos de declaración e xestión. Áreas protexidas por instrumentos internacionais presentes en Galicia.

Tema 4. Espazos naturais protexidos en Galicia: Rede galega de espazos naturais. Instrumentos de planificación dos espazos naturais protexidos en Galicia. Normativa. Procedemento de declaración.

Tema 5. Especies ameazadas. Factores que actúan sobre as súas poboacións. Diagnose e ameazas. Caracterización e catalogación de especies ameazadas en Galicia. Estratexias e plans de recuperación, protección, conservación e manexo en Galicia.

Tema 6. Especies exóticas invasoras. Especies exóticas invasoras máis problemáticas en Galicia. Principais modos de introdución e problemática asociada. Catálogo español de especies exóticas invasoras.

Tema 7. A caza en Galicia. Principais especies. Normativa de xestión das especies cinexéticas.

Tema 8. A pesca fluvial en Galicia. Principais especies. Normativa de xestión das especies piscícolas. Lei de pesca fluvial en Galicia e títulos I a III do Regulamento de pesca fluvial de Galicia.

Tema 9. A paisaxe galega. Lei 7/2008, 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia. Estratexias de integración paisaxística.

Tema 10. A Directiva marco da auga. Directiva 2000/60/CE e Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Obxectivos xerais da directiva marco. Introdución á avaliación e seguimento do estado das masas de auga, integración dos obxectivos ambientais e zonas protexidas. Real decreto 817/2015, do 11 de setembro, polo que se establecen os criterios de seguimento e avaliación do estado das augas superficiais e as normas de calidade ambiental.

Tema 11. O dominio público hidráulico. Utilización do dominio público. Administración pública do auga.

Tema 12. A planificación hidrolóxica. Elaboración, contido e tramitación dos plans hidrolóxicos de bacía. Real decreto 907/2007, do 6 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da planificación hidrolóxica, e Decreto 1/2015, do 15 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. A planificación na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Real decreto 11/2016, do 8 de xaneiro, polo que se aproban os plans hidrolóxicos das demarcacións hidrográficas de Galicia-Costa, das bacías mediterráneas andaluzas, do Guadalete e Barbate e do Tinto, Odiel e Piedras.

Tema 13. Calidade das augas superficiais e subterráneas. Medidas de protección, control e seguimento.

Tema 14. Tratamento de augas: augas residuais urbanas e declaración de zonas sensibles. Protección das augas contra a contaminación producida por nitratos e zonas vulnerables.

Tema 15. Depuración de augas residuais. Pretratamento e tratamento primarios, tratamentos secundarios e tratamentos terciarios. Xestión de lodos de depuración. Reutilización das augas residuais.

Tema 16. Residuos. Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados: clasificación dos residuos e lista europea de residuos. Xerarquía de residuos. Planificación. Produción, posesión e xestión.

Tema 17. Xestión e tratamento de residuos domésticos. Modelos de xestión en Galicia. Residuos específicos e sistemas de responsabilidade ampliada.

Tema 18. Calidade dos solos. Título V da Lei 22/2011, do 28 de xullo, de residuos e solos contaminados, Real Decreto 9/2005, do 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados, e Decreto 60/2009, do 26 de febreiro, sobre solos potencialmente contaminados e procedemento para a declaración de solos contaminados.

Tema 19. Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera. Calidade do aire. Xestión e planificación. Redes de calidade do aire. Real decreto 100/2011, do 28 de xaneiro, polo que se actualiza o catálogo de actividades potencialmente contaminadoras da atmosfera e se establecen as disposicións básicas para a súa aplicación.

Tema 20. Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrado da contaminación. Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o regulamento de emisións industriais. Mellores técnicas dispoñibles. O rexistro europeo PRTR.

Tema 21. Convención Marco das Nacións Unidas sobre Cambio Climático e o Protocolo de Kioto. Cambio climático en Galicia: causas, impacto e mitigación.

Tema 22. Lei 21/2013, do 21 de decembro, de avaliación ambiental: avaliación ambiental estratéxica e avaliación de impacto ambiental. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: avaliación ambiental de actividades.

Tema 23. O dereito de acceso á información, á participación pública e ao acceso á xustiza en materia de ambiente.

Tema 24. A responsabilidade ambiental. Lei 26/2007, do 23 de outubro, de responsabilidade ambiental e regulamento.

Tema 25. Lei de costas. Competencias autonómicas na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. Plan de ordenación do litoral de Galicia: título preliminar, títulos I, II e III do Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba o POL.

Tema 26. Os incendios forestais. Causas e efectos sobre os ecosistemas. Medidas de xestión en Galicia.

Tema 27. A política pesqueira comunitaria. O fondo europeo marítimo e da pesca (FEMP).

Tema 28. A frota pesqueira galega. Modalidades de pesca. Artes e aparellos de pesca. Normativa de xestión.

Tema 29. O marisqueo en Galicia. Principais especies explotadas. Métodos de captura. Plans de explotación marisqueira. Técnicas de cultivo aplicables a bancos marisqueiros.

Tema 30. Entidades asociativas profesionais do sector. Confrarías de pescadores, Federacións de confrarías e demais asociacións sectoriais.

Tema 31. Acuicultura mariña e continental en Galicia. Principais especies explotadas. Principais instalacións e establecementos de acuicultura. Características. Títulos habilitantes. Estratexia Galega de Acuicultura: definicións e obxectivos.

Tema 32. Cultivo de peixes mariños: principais especies cultivadas en Galicia. Métodos e instalacións.

Tema 33. Cultivo de moluscos: principais especies cultivadas en Galicia. Métodos e instalacións.

Tema 34. As algas macrófitas de interese comercial en Galicia. Principais especies e aplicacións. Explotación e cultivo.

Tema 35. Comercialización dos produtos da pesca, do marisqueo e da acuicultura. Control da comercialización. Rastrexabilidade. Transmisión de datos.

Tema 36. A promoción dos produtos pesqueiros e agrarios. Calidade diferenciada. Marcas de calidade en Galicia.

Tema 37. Condicións sanitarias de invertebrados mariños. Depuración e reinstalación.

Tema 38. Mareas vermellas: descrición do fenómeno. Principais especies produtoras de toxinas en Galicia. Control das biotoxinas mariñas e programa de actuacións.

Tema 39. Reservas mariñas de interese pesqueiro en Galicia. Normativa de creación, uso e xestión. Plans de xestión das RMIP dos Miñarzos e ría de Cedeira.

Tema 40. Contaminación mariña. Principais fontes de contaminación mariña. Decreto 155/2012, polo que se regula a estrutura e organización do Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tema 41. Directiva marco sobre a estratexia mariña. Lei 41/2010, do 29 de decembro, de protección do medio mariño. Estratexias mariñas. Rede de áreas mariñas protexidas.

Tema 42. A investigación mariña en Galicia. Centros de investigación e centros tecnolóxicos en Galicia.

Tema 43. Real decreto 664/1997, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes biolóxicos durante o traballo: obxecto e ámbito de aplicación, definicións, clasificación dos axentes biolóxicos, identificación e avaliación dos riscos (manipulación deliberada e non deliberada), redución dos riscos e medidas hixiénicas. Risco biolóxico en traballos en que existe contacto con animais ou con produtos de orixe animal, en unidades de eliminación de residuos, en estacións depuradoras de augas residuais e na pesca marítima.

Tema 44. Regulamentos REACH e CLP: características de perigo dos produtos químicos, criterios de clasificación de substancias e mesturas químicas, mecanismos de información: etiquetas, fichas de datos de seguridade, restricións de fabricación, comercialización e uso de substancias perigosas. Conceptos xerais de toxicoloxía e seguridade química. Control das exposicións a riscos químicos (hixiénicos e de seguridade). Técnicas xerais: accións de control técnicas, accións de control organizativas. Prioridades no control de riscos: accións sobre o axente, accións sobre o proceso, accións no local de traballo, accións nos métodos de traballo.

Tema 45. A prevención do risco no laboratorio: consideracións relativas á estrutura, deseño e distribución dos laboratorios. Consideracións sobre seguridade relativas a instalacións e aparellos. Consideracións sobre operacións comúns. Equipos de seguridade: elementos de protección e de actuación. Xestión dos residuos no laboratorio: normas xerais de manipulación de residuos, programa de xestión de residuos no laboratorio: sistema de recollida; clasificación e eliminación de residuos; envasado e etiquetaxe; almacenamento temporal. Manipulación de microorganismos no laboratorio: requirimentos dos diferentes niveis de bioseguridade.

Parte específica da escala de enxeñeiros, especialidade en enxeñaría industrial.

1. A política industrial española antes e despois da crise enerxética. Principais problemas económicos e medidas adoptadas. Reconversión e reindustrialización: antecedentes doutros países e en España, lexislación xeral e principais instrumentos. A Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI): antecedentes e funcións. O proceso de liberalización e privatización do sector público industrial.

2. A política industrial rexional española antes e despois da integración na CEE. Os incentivos de localización industrial. As sociedades de desenvolvemento rexional. A Lei 50/1985, de incentivos rexionais. A participación da Unión Europea na definición e execución da política de desenvolvemento rexional. A participación da comunidade autónoma nesta política.

3. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial: libro segundo. Política Industrial.

4. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

5. Os estados financeiros da empresa. Estrutura básica e principios do Plan xeral contable. Documentos que integran as contas anuais. A ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo. Estrutura da conta de perdas e ganancias.

6. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial.

7. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. A rotación e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

8. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

9. Planificación estratéxica e operativa. Programación e orzamentos. Modelos e instrumentos de planificación, programación e elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

10. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

11. Política de investimentos na empresa. O plan de investimentos. A definición do proxecto de investimento. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimento. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización.

12. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A administración concursal.

13. Marco comunitario sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación.

14. Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación en Galicia.

15. Lei 24/2015, do 24 de xullo, de patentes: títulos I, II, III, IV e V. Lei 17/2001, do 7 de decembro, de marcas: títulos I, II e III.

16. Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

17. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

18. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

19. A Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos do I ao VI. Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal.

20. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Títulos do I ao III.

21. A Lei 1/1995, de protección ambiental de Galicia: títulos do I ao IV. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulo II, título III.

22. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre o libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

23. Lei 32/2014, do 22 de decembro, de metroloxía, capítulos do I ao VI. Real decreto 889/2006, do 21 de xullo, que regula o control metrolóxico do Estado sobre instrumentos de medida: capítulos do I ao V.

24. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: capítulos do I ao VII. Real decreto 486/1997, do 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo: anexo I.

25. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico: títulos do I ao X.

26. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica: títulos do I ao VII.

27. Real decreto 1048/2013, do 27 de decembro, polo que se establece a metodoloxía para o cálculo da retribución da actividade de distribución de enerxía eléctrica: capítulos I, II, VI, VII e VIII. Real decreto 1699/2011, do 18 de novembro, polo que se regula a conexión á rede de instalacións de produción de enerxía eléctrica de pequena potencia: Capítulos I, II, III e IV.

28. Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas ITC LAT-04 e LAT-05.

29. Real decreto 413/2014, do 6 de xuño, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica a partir de fontes de enerxía renovables, coxeración e residuos: títulos do I ao VI.

30. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

31. Decreto 138/2010, do 5 de agosto, polo que se establece o procedemento e as condicións técnico-administrativas para a obtención das autorizacións de proxectos de repotenciación de parques eólicos existentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

32. Real decreto 235/2013, do 5 de abril, polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios.

33. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos: títulos do I ao VI.

34. Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural: títulos do I ao IV.

35. Real decreto 919/2006, do 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gasosos e as súas ICG 01, 03 e 04.

36. Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria: títulos do I ao V.

37. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial: capítulos do I ao IV. Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial: libro primeiro. Seguridade Industrial.

38. Avaliación da conformidade e marcado CE. Vixilancia do mercado. Cláusula de salvagarda.

39. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro integrado industrial.

40. Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión e as súas ITC BT-04 e BT-05.

41. Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 22 e 23.

42. Real decreto 1027/2007, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de instalacións térmicas nos edificios e a súa ITC 04.

43. Real decreto 2085/1994, do 20 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións petrolíferas e a súa ITC MI-IP 02.

44. Real decreto 2060/2008, do 12 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de equipos de presión e a súa ITC EP-1.

45. Real decreto 379/2001, do 6 de abril, polo que se aproba o Regulamento de almacenamento de produtos químicos e a súa ITC APQ-1.

46. Real decreto 138/2011, do 4 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade para instalacións frigoríficas: capítulos I, II, III, IV e V.

47. Real decreto 1457/1986, do 10 de xaneiro, polo que se regulan a actividade industrial e a prestación de servizos nos talleres de reparación de vehículos automóbiles, dos seus equipos e compoñentes. Real decreto 2042/1994, do 14 de outubro, que regula a inspección técnica de vehículos.

48. Real decreto 1942/1993, do 5 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de seguridade contra incendios.

49. Real decreto 2267/2004, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de seguridade contra incendios nos establecementos industriais. Anexo I.

50. Aparellos de elevación e a súa manutención: Real decreto 1314/1997, do 1 de agosto, sobre ascensores. Real decreto 57/2005, do 21 de xaneiro, polo que se establecen prescricións para o incremento da seguridade do parque de ascensores existente.

51. Aparellos de elevación e a súa manutención: Real decreto 836/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a instrución técnica complementaria MIE-AEM-2. Real decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria MIE-AEM-4.

52. Real decreto 840/2015, do 21 de decembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves en que interveñan substancias perigosas.

ANEXO IV

Don/Dona...., con domicilio en..., con DNI/pasaporte..., declara baixo xuramento ou promete, para os efectos de ser nomeado/a funcionario/a do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 , escala de..., especialidade de.........., que non se atopa inhabilitado/a ou en situación equivalente nin foi sometido/a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

En (país e localidade) ... , ... de ...201 ...