Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16765

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de consolidación dos camiños e reparacións no edificio do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23131

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 144, do 31 de xullo de 2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: obras, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: obras de consolidación dos camiños e reparacións no edificio do Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 97.828,58 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 5 de abril de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 19 de abril de 2016.

c) Contratista: Construcciones Abal, S.A.

d) Importe de adxudicación: 83.117,84 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2016

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria