Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 4 de maio de 2016 Páx. 16795

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil de Pontevedra

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2016 pola que se anuncia unha poxa pública de armas.

Os días 30 e 31 de maio e 1, 2 e 3 do mes de xuño de 2016, no horario das 9.00 ás 13.00 horas, terá lugar nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, sita na avenida Domingo Fontán nº 6, Poio (Pontevedra), unha poxa pública de 534 escopetas, 9 rifles, 27 carabinas de tiro deportivo, 45 pistolas, 17 revólveres e 1 bésta polo procedemento de prego pechado.

A apertura dos sobres coas ofertas e a adxudicación das armas farase o día 6 de xuño de 2016, a partir das 9.00 horas no citado acuartelamento.

Poio, 26 de abril de 2016

Miguel Estévez Lara
Coronel xefe da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra