Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 6 de maio de 2016 Páx. 17021

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 25 de abril de 2016, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa da clasificación turística e cancelación da inscrición de varios establecementos no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos da provincia da Coruña que se relacionan, no procedemento de baixa e cancelación no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Os titulares dispoñen dun prazo de 15 días para facer as alegacións que consideren pertinentes, e poderán examinar os expedientes e obter copia dos documentos contidos neles na Área Provincial da Coruña.

A Coruña, 25 de abril do 2016

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Establecemento: axencia de viaxes-en liña Utopic Travel 4U!!!.

Titular: Mª Belén Bermúdez López.

NIF: 44829266N.

enderezo: Josefa García Sagret, 1, baixo A.

Concello: 15702 Santiago de Compostela.

Establecemento: axencia de viaxes-en liña Viajes Gastronómicos.

Titular: Viajes Gastronómicos, S.L.

NIF: B70351978

Enderezo: praza de Pontevedra, 7, 1º esquerda.

Concello: 15003 A Coruña.