Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 10 de maio de 2016 Páx. 17874

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 2016, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 16 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 18 de xuño), pola que se fixa a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

Na sesión do 26 de abril de 2016, e unha vez constituído o tribunal nomeado por Orde do 11 de abril de 2016 (DOG núm. 72, do 15 de abril),

ACORDOU:

Que o primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar o sábado 28 de maio de 2016 e que o lugar de realización serán as aulas A e B da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela, en chamamento único que se iniciará ás 10.00 horas.

Os/as aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recolla de móbiles.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2016

Mercedes Cardelle Espasandín
Presidenta do tribunal