Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Mércores, 11 de maio de 2016 Páx. 18148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza en centros dependentes desta consellería (expediente 9/2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

Descrición do obxecto: servizo de limpeza nos seguintes centros: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira, Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa, Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol e aulas de Formación Pesqueira de Cariño, Burela e Celeiro.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24008

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 35, do 22 de febreiro de 2016.

d) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non harmonizado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 156.058 €, IVE (21 %): 32.772,18 €. Importe total: 188.830,18 €.

Valor estimado: 195.072,50 €.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de marzo de 2016.

b) Adxudicataria: Limpiezas, Ajardinamientos y Servicios Seralia, S.A., NIF A47379235.

c) Importe: 178.603,26 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 31 de marzo de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, xa que ofertou o prezo máis baixo (único criterio de adxudicación do contrato) e cumpriu cos requisitos técnicos establecidos nos pregos.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar