Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18452

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 9 de maio de 2016 pola que se convocan para a elección de destino definitivo os/as aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as industriais.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 2 de febreiro de 2016 (DOG núm. 26, do 9 de febrero).

Co obxecto de que as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas funcionarias de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros/as técnicos/as, especialidade de enxeñaría técnica industrial, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 18 de maio de 2016 ás 10.00 horas.

Segundo. As aspirantes convocadas poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. As aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicados en destino definitivo os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedaran sen adxudicar.

Quinto. As aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas, respectivamente, nos artigos 174 e 173.3.d) da Lei 2/2015. Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Num.

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Titulación

1

MAC050000015770009

MA

Posto base subgrupo A2

A2

16

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

S. X. de Calidade e Avaliación Ambiental

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

2

INC050000115770007

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

3

INC050000115770008

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn.industrial

4

INC050000115770009

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Dirección Xeral de Enerxía e Minas

S. X. de Enerxía

Santiago de Compostela

Enx. técn. industrial

5

INC991000015001059

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

6

INC991000015001060

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

7

INC991000015001061

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

8

INC991000015001062

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial A Coruña

A Coruña

Enx. técn. industrial

9

INC991000027001033

IN

Enxeñeiro/a técnico/a de funcións facultativas

A2

22

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Enx. técn. industrial