Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18469

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (140/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 140/2015 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Adriana Pérez Albores contra a empresa AJP Guy y Otra, S.C., Antonie Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva:

Non procede a ampliación da execución interesada.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días desde a súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E, para que sirva de notificación en legal forma a AJP Guy y Otra, S.C., Adriana Pérez Albores, Antonie Jean Paul Guy Jaud, Katia Jocelyne Audouy, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza