Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18381

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de abril de 2016 pola que se autoriza a educación secundaria para persoas adultas na Escola Familiar Agraria Fonteboa do concello de Coristanco.

O representante da titularidade da Escola Familiar Agraria Fonteboa, do concello de Coristanco, solicita autorización para impartir a educación secundaria para persoas adultas.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a educación secundaria para persoas adultas. A escola queda configurada como a seguir se detalla:

Denominación: Escola Familiar Agraria Fonteboa.

Código: 15021974.

Domicilio: A Feira Nova, s/n.

Localidade: San Paio.

Concello: Coristanco.

Provincia: A Coruña.

Titular: Federación de Escuelas Familiares Agrarias.

Composición resultante:

• 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

• 1 CM Produción Agropecuaria (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Paisaxismo e Medio Rural (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• Educación secundaria para persoas adultas.

Segundo. Para a posta en funcionamento das novas ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria