Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 39/2015M.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23805

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: redacción do proxecto básico e de execución da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense cofinanciada nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 122.113,15 euros.

5. Orzamento base de licitación: importe neto: 122.113,15 euros. Importe total: 147.756,91 euros.

6. Financiamento: cofinanciado ata un máximo do 80 % co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

7. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23.3.2016.

b) Data de formalización do contrato: 29.3.2016.

c) Adxudicataria: Proyfe, S.L.

d) Importe da adxudicación: importe neto: 85.601,32 euros. Importe total con IVE: 103.577,60 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil de contratante.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2016

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 4.12.2015; DOG nº 236, do 11 de decembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda