Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto e tramitación urxente, do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo (expediente 21/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Enderezo: Rolda da Muralla, 70, baixo, 27071 Lugo.

3º. Teléfono: 982 29 41 01. Fax: 982 29 49 74.

4º. Enderezo da internet do perfil de contratante: www.contratosdegalicia.es

5º. Data límite da obtención da documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

d) Nº de expediente: 21/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de restauración, mantemento e limpeza de varias instalacións xuvenís na provincia de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución:

Albergue Xuvenil Area, praia de Area, 27850 Viveiro.

Albergue Xuvenil Benigno Quiroga, avda. de Sarria, 20, 27178 Portomarín.

Campamento Xuvenil Os Chacotes, 27200 Palas de Rei.

Campamento Xuvenil A Devesa, 27700 A Devesa, Ribadeo.

e) Prazo de execución: do 16 de xuño ao 9 de setembro.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 55523100-3.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación urxente e procedemento aberto.

b) Criterios de adxudicación: ver o prego.

4. Orzamento de licitación:

Importe neto: 203.582,27 €, IVE (10 %): 20.358,23 €. Importe total: 223.940,50 €.

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 8 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar: Rexistro Xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia de Lugo, rolda da Muralla, 70 baixo, 27071 Lugo.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que será anunciada con tres días hábiles de antelación no perfil de contratante http://www.contratosdegalicia.es/ .

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 6 de maio de 2016

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Artigo 4.3 da Orde do 3.3.2016)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa