Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18529

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 26 de abril de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a Resolución do 25 de abril de 2016 de autorización de cambio de actividade forestal a agrícola da parcela 285 do polígono 153 do termo municipal do Corgo (Lugo).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo autorizou, mediante Resolución do 25 de abril de 2016, o cambio de actividade de forestal a agrícola na parcela 285 do polígono 153 do termo municipal do Corgo (Lugo).

O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi formulado con data 2.3.2016 (anuncio publicado no DOG núm. 59, do 29 de marzo).

Lugo, 26 de abril de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo