Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 13 de abril de 2016 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración de once (11) remolques de carga para vehículos con destino á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia (expediente 13/2016).

Advertido erro na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 87, do 9 de maio de 2016, transcríbese a seguir a fin de proceder a súa rectificación:

Na páxina 17752, no punto 7. Garantías exixidas, onde di: «definitiva: do 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE)», debe dicir: «definitiva: 5 % do orzamento de licitación, excluído o IVE: 1.265,00 €».

Esta corrección non afecta o prazo de presentación de ofertas.