Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 13 de maio de 2016 Páx. 18544

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2016 pola que se anuncia a licitación da contratación mediante un procedemento documentalmente simplificado, aberto, multicriterio e con tramitación urxente do servizo de seguridade privada.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística (IGE).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo Técnico Xurídico e de Contratación.

c) Nº de expediente: 2016/227.01/03.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición: prestación do servizo de seguridade privada nas dependencias do Instituto Galego de Estatística.

b) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.

3. Admisión de prórroga: si.

4. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 138.000,00 euros; o importe do IVE: 28.980,00 euros.

6. Garantías exixidas. Definitiva (%): 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Estatística.

b) Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=26870

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo de presentación: oito días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

b) Documentación que se achegará: a que se indica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro del Instituto Galego de Estatística das 9.00 ás 14.00 horas.

2º. Enderezo: Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

No caso de que as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciar ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante un telegrama ou fax (981 54 13 23) no mesmo día.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: acto público.

b) Dirección: sala de xuntas do Instituto Galego de Estatística. Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela (A Coruña), 15703.

d) Data e hora: unha vez rematado o prazo de presentación de proposicións, faranse públicas no perfil do contratante a data e a hora de apertura das ofertas cunha antelación mínima de 2 días hábiles.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2016

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística